A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas

Novas

  1. Mercado en Compostela

    O Ministerio de Agricultura desenténdese dos mercados de proximidade e 600 organizacións do Estado reclamamos a súa reapertura diante de Sanidade e Consumo

    8 de Abril do 2020 · 

    En vista da resposta do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e a falta de medidas concretas, preto de 600 organizacións e colectivos de todo o Estado rexistramos unha nova carta aos ministerio de Sanidade e Consumo, este 8 de abril, onde se solicita formalmente que se “diten as instrucións pertinentes ás comunidades autónomas e concellos para que se busquen solucións para os mercados non sedentarios de proximidade”.

  2. Reny Picot

    O Sindicato Labrego Galego denuncia prácticas abusivas de Reny Picot na renovación dos contratos do leite

    7 de Abril do 2020 · 

    Dende o Sindicato Labrego Galego tivemos constancia de que a empresa Reny Picot está a ofrecer ás granxas que lle abastecen de leite novos contratos por tres meses, unha práctica que roza a fraude xa que, aínda que a Lei da Cadea Alimentaria consínteo se hai acordo entre as dúas partes, todos e todas sabemos en que consisten os “acordos” no sector lácteo: extorsión das industrias ás granxas aproveitándose da súa posición de dominio na cadea de valor.

  3. Mercado San Agustín

    600 organizacións do Estado demandan medidas para paliar os impactos da crise do COVID19 na produción agroalimentaria de pequena escala

    30 de Marzo do 2020 · 

    O 4 de abril pechouse a carta para pedirlle ao Ministerio de Agricultura que se “diten as instrucións pertinentes ás comunidades autónomas e concellos para que se busquen solucións para os mercados non sedentarios de proximidade”. Ao final, xuntáronse case 600 apoios de organizacións e colectivos de todo o Estado a esta iniciativa.

  4. Mercado de proximidade

    Máis de oitenta organizacións reclaman a reapertura dos mercados alimentarios de proximidade na Galiza

    27 de Marzo do 2020 · 

    Máis de oitenta organizacións galegas de diversos ámbitos, entre as que se atopa o Sindicato Labrego Galego, veñen de facer público un manifesto no que piden a reapertura dos mercados alimentarios de proximidade como garantes da seguridade alimentaria de Galiza no contexto actual de estado de alarma e emerxencia sanitaria pola pandemia do Covid-19.

  5. AEAT

    O SLG reclama á Axencia Tributaria o aprazamento das declaracións e liquidacións do primeiro trimestre no agro

    26 de Marzo do 2020 · 

    O Sindicato Labrego vén de rexistrar un escrito dirixido á Axencia Tributaria (AEAT) no que lle pide “unha ampliación extraordinaria do prazo das declaracións e autoliquidacións correspondentes ao primeiro trimestre do exercicio 2020 para as actividades agrícolas e gandeiras” de maneira que se poidan presentar “conxuntamente coas declaracións e autoliquidacións do segundo trimestre do exercicio, sendo o remate do prazo o 20 de xullo”.

  6. Mercado de Teo

    Indignación pola cancelación do Mercado do Alimento Labrego de Teo polas autoridades gobernamentais

    21 de Marzo do 2020 · 

    A menos de 24 horas de que, como cada sábado, se celebrase o Mercado do Alimento Labrego de Teo, a Garda Civil advertiu ao concello que non estaba permitido o desenvolvemento desta actividade de venda directa da que depende a economía de ducias de familias labregas da comarca compostelá. Isto provocou a indignación dos labregos e das labregas, pois contaban coa autorización do concello e as instrucións sanitarias necesarias para evitar contaxios.

  7. Interrogante

    Preguntas e respostas dos sectores agrarios diante das restricións e prohibicións pola emerxencia sanitaria

    18 de Marzo do 2020 · 

    Estes días estánsenos a facer moitas preguntas para resolver dúbidas ás que non responden directamente os decretos que regulan restricións e prohibicións no estado de alerta e na emerxencia sanitaria. Para iso, fomos consultando con diversas institucións, dende a Policía á Consellaría de Medio Rural. Podes descargar o cuestionario coas respostas na icona que atoparás de seguido.

  8. Mercado San Agustín

    SLG e Fruga piden a apertura dos mercados alimentarios de proximidade para garantir o acceso a bens esenciais

    18 de Marzo do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego (SLG) e a Federación Rural Galego (Fruga) queremos facer un chamamento aos gobernos municipais de Galiza para que non pechen os mercados de alimentos de proximidade que se desenvolvan nos seus respectivos concellos, xa que se trata dunha actividade económica fundamental para todas aquelas familias labregas que optaron pola venda directa para comercializar as súas producións, asi como para as persoas consumidoras habituais.

  9. Campaña adiada

    O SLG suspende a campaña “O rural galego sobre a mesa” diante da emerxencia sanitaria polo Coronavirus

    11 de Marzo do 2020 · 

    A dirección do Sindicato Labrego Galego, tras manter hoxe unha xuntanza extraordinaria, tomou a decisión de suspender, a partir de mañá, 12 de marzo, todas as actividades programadas no marco da campaña “O rural galego sobre a mesa”. Así, quedan suspendidas, entre outras, as palestras previstas en Ferrol, Chantada e Ribadeo; o video-faladoiro en Lugo; a concentración de protesta do 13 de marzo en Pontevedra; ou a manifestación para arrodear a Xunta de Galicia prevista para o vindeiro 17 de marzo.

  10. Charla Xinzo PAC

    Comeza "O rural galego sobre a mesa" en Ourense cun posicionamento sobre a PAC e os xurros na Limia

    7 de Marzo do 2020 · 

    Tras poñerlle un marcado acento labrego á manifestación convocada por Galegas 8M o pasado 1 de marzo en Verín, o SLG continuou esta semana coas accións que ten programadas na campaña “O rural galego sobre a mesa” na provincia de Ourense. En concreto, o 6 de marzo, organizou unha charla aberta informativa sobre a reforma da Política Agraria Común (PAC) e como afectará esta a unha comarca eminentemente agraria como A Limia.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. 4
  6. 5
  7. Seguinte

Arquivo