A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas

Novas

  1. RdP Mina Touro

    886 DÍAS BERRANDO “MINA NON”

    31 de Xaneiro do 2020 · 

    As organizacións e colectivos que temos loitado contra a apertura do megaproxecto de extracción de cobre nos concellos de Touro e O Pino convocamos aos medios de comunicación a unha rolda de prensa que se celebrou, o venres 31 de xaneiro, ás 11 da mañá, en Carril, na C.A.D. Gato Negro, para valorar as últimas novas relacionadas co proxecto promovido por Cobre San Rafael e analizar a situación actual e os pasos a dar.

  2. Tractor 10

    O SLG presenta ao Goberno un decálogo en defensa do rural, da produción de alimentos e da profesión labrega

    28 de Xaneiro do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de elaborar un decálogo de medidas imprescindibles para revitalizar o medio rural e facer da agricultura e da produción de alimentos o seu principal motor económico. Este decálogo constitúe unha táboa reivindicativa irrenunciable para defender pola nosa organización diante de todas as institucións con responsabilidades nas politicas agrarias, e tamén un eixe fundamental na nosa campaña de mobilizacións "O rural galego sobre a mesa".

  3. Obras na casa de Pilar

    O Concello eliminará a barreira que mantén inmobilizada a unha veciña de Abadín tras pasar o caso a mans da Fiscalía

    24 de Xaneiro do 2020 · 

    Tras seis anos de loita, Pilar Fernández, muller con mobilidade reducida que se veu enclaustrada por culpa dunhas obras do Concello de Abadín, viu por fin chegar os obreiros esta semana para eliminar a barreira arquitectónica que lle impedía saír da súa casa en O Coto (Abeledo). As obras levarán tan só tres días, o que indica que non foi precisamente a súa complexidade a que mantivo a Pilar nunha dependencia absoluta doutras persoas para poder entrar e saír do seu propio domicilio durante máis dun lustro. Que moveu ao alcalde, o popular José María López Rancaño, a ordenar o inicio das obras tras seis anos teimando en non facelas?

  4. Suplemento Agroecoloxía

    Suplemento especial do IV Foro labrego de Agroecoloxía

    22 de Xaneiro do 2020 · 

    Como ben sabedes, no Fouce 329 publicamos un suplemento especial cun resume dos contidos do IV Foro Labrego de Agroecoloxía, celebrado no Convento Franciscano de Herbón os días 16 e 17 de novembro. Agora, vimos de publicar por separado ese suplemento, que podes descargar na icona que atoparás nesta páxina.

  5. Sementeira de euros

    O SLG desmárcase das organizacións agrarias estatais e defende a suba do Salario Mínimo Interprofesional no agro

    21 de Xaneiro do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego, diante da posición contraria á suba do salario mínimo interprofesional (SMI) das tres principais organizacións agrarias do Estado, quere manifestar o seu total desacordo con esa postura. Pola contra, o Sindicato Labrego apoia a suba do SMI de maneira rotunda, clara e inequívoca porque manter o salario mínimo no nivel actual supón legalizar a pobreza e a exclusión social e económica de miles de traballadores e traballadoras do agro.

  6. Xornada acaparamento de terras

    O SLG convoca un encontro nacional para articular a defensa contra o acaparamento de terras na Galiza

    21 de Xaneiro do 2020 · 

    O vindeiro 8 de febreiro, o Sindicato Labrego Galego organiza unha xornada de encontro entre persoas e colectivos que están a loitar, dunha maneira ou outra, contra o acaparamento de terras. Eucaliptos, minaría, urbanización salvaxe, parques eólicos, privatización de montes comunais...  Galiza leva décadas sufrindo un proceso brutal de acaparamento de terras que socava a nosa soberanía alimentaria e nos condena a ser un dos territorios con menor superficie agraria da UE. Con esta convocatoria, dende o Sindicato Labrego Galego queremos tecer redes de ideas e accións para virar esta tendencia e facer que a nosa terra volva ser o sustento vital dos galegos e das galegas, e non un coto privado para a depredación de grandes empresas.

  7. Sector Lácteo

    O SLG pide a Mesa do Leite ante a conxelación dos prezos máis baixos do Estado na Galiza nun contexto de alza

    20 de Xaneiro do 2020 · 

    O silencio e carencia total de iniciativas por parte da Consellaría de Medio Rural no sector lácteo fai que as industrias estean aproveitando o baleiro para extorsionar de novo ás granxas, obrigándoas a asinar contratos que conxelan os prezos nunha situación de alza xeneralizada. Ademais, os diversos indicadores subliñan que Galiza segue a ser a comunidade do Estado co prezo medio máis baixo (32,6 céntimos en novembro de 2019), a única que non supera os 33 céntimos, e moi lonxe da media española (34 céntimos) ou europea (35'31 céntimos).

  8. Estragos rata toupa

    O SLG alerta sobre ataques directos das ratas toupa ás granxas e pide a prohibición da caza do raposo na zona

    17 de Xaneiro do 2020 · 

    Os últimos informes elaborados sobre a incidencia da rata toupa que está a causar estragos na montaña lucense constatan que están afectadas máis de 1.600 hectáreas, pero a cifra real podería chegar ás 2.000 segundo técnicos consultados polo SLG. Aínda que, até agora, os principais danos están a ser causados en praderías, dende o Sindicato Labrego Galego acabamos de recibir denuncias de estragos directos en granxas de Pedrafita do Cebreiro, con contiosas perdas na herba ensilada e na colleita de remolacha das granxas.

  9. Marta

    A Mocidade do Sindicato Labrego Galego consolida as Xornadas de Granxas Abertas con dúas novas edicións

    16 de Xaneiro do 2020 · 

    Dende a publicación do último Fouce, a Mocidade do Sindicato Labrego Galego organizou dúas Xornadas de Granxas Abertas. A primeira delas foi no sur da bisbarra compostelá o 6 de novembro e estivo centrada en fincas hortícolas. En concreto, visitamos o proxecto Burbullas de Sol en San Mamede (Vedra), que rexentan Conchi e Miguel, producindo hortalizas e froita para vender directamente en mercados ou cestas. Un pouco máis ao sur, en Paradela (A Estrada), Óscar ensinounos as súas leiras e invernadoiros nos que produce para fornecer pequenos comercios da comarca.

  10. Burocracia

    "Vén ao rural, traballa as viñas, fai viño... e complícate a vida como nunca pensaches", por Bernardo Estévez Villar

    15 de Xaneiro do 2020 · 

    Alguén pode pensar que iso de facer viño, estar entre cepas, non ter horario que te controle (sempre estás traballando, máis control imposible) ser dono do teu, mola, mola moito. E se engadimos que vas ter a hostia de axudas, que dende a Administración ten van guiar, tutelar, formar e aconsellar para que o teu proxecto arrinque, se consolide e poidas quedar vivir na aldea; e, quen sabe, que teñas, se podes e queres, nenos e nenas, e vivas, non sobrevivas, no rural galego, entón mola que te cagas. Pois perdoa por estragar as túas ilusións, pero mellor non penses en todo iso. Mellor, oposita. Pero se, así e todo, teimas e decides pensar neste modo de vida, dálle unha volta ao que che vou contar.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. 4
  6. 5
  7. Seguinte

Arquivo