A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Este sábado celébrase o segundo aniversario do Mercado de Alimento Labrego de Teo nos Tilos

Este sábado celébrase o segundo aniversario do Mercado de Alimento Labrego de Teo nos Tilos

3 de Xuño do 2014

Detalle do cartel de Teo

Xa van dous anos de andaina e o Mercado do Alimento Labrego de Teo, que se celebra tódolos sábados nos Tilos, está consolidado como a alternativa ao comercio convencional de grandes superficies e produtos estandarizados e fabrís na área de Compostela. Relación directa baseada na confianza entres os labregos e labregas e as persoas que mercan os alimentos frescos e de tempada, apoio ás economías locais e desenvolvidas no medio rural, consumo de combustibles fósiles e impacto no quecemento global mínimo, etc. Dous anos construíndo soberanía alimentaria dende Teo para o mundo. De seguido, publicamos o programa da festa que os labregos e labregas de Teo compartiron con nós: 

O sábado 7 de xuño, a partires das 11:00 horas da mañá, o Mercado de Alimento Labrego de Teo celebra o seu primeiro aniversario.
Por iso, as labregas e labregos que damos vida tódolos sábados ao mercado, xunto co Sindicato Labrego Galego e o Concello de Teo, temos organizado un mercado especial. Levamos dous anos construíndo soberanía alimentaria coa vosa participación.
Como todos os sábados agárdanvos verduras e froitas locais e de tempada, doces caseiros, marmeladas, licores, ovos, leite, queixo, mel...
E ademais este sábado 7 de xuño haberá:

  • Alimentos doutras comarcas convidadas especialmente para esta festa.
  • Degustación de produtos de tempada elaborados polas labregas e labregos a prezos simbólicos.
  • Música tradicional.
  • Artesanía.

ANÍMATE A VIR CELEBRAR CON NÓS ESTA FESTA!!!
AGARDÁMOSVOS

Máis información en https://www.facebook.com/mercadolabregodeteo

Aniversario Teo