A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. O SLG DEMANDA PREZOS DIGNOS NA UVA DE CALIDADE DA D.O. MONTERREI. NON ASINES CONTRATOS POR BAIXO DOS 0’70 €/Kg a

O SLG DEMANDA PREZOS DIGNOS NA UVA DE CALIDADE DA D.O. MONTERREI. NON ASINES CONTRATOS POR BAIXO DOS 0’70 €/Kg a

11 de Septembro do 2008

Denominación de Orixe Monterrei

O SLG xunto cos produtores e produtoras, levamos demandando historicamente o contrato homologado para a DO de MONTERREI.

De cara a convocatoria da Mesa do Viño convocada póla Consellería de Medio Rural para mañá, venres 12 de setembro, o SLG queremos deixar clara a nosa postura.

O Sindicato Labrego Galego sempre valorou o contrato homologado como unha ferramenta que pode posibilitar unha estabilidade para os/as viticultores/as da Comarca, unha aposta clara cara a calidade dos noso viños e un alicerce para conseguir un relevo xeracional para o sector avalado pola garantía de venta da produción que suporía a estabilidade do contrato no sector. Tendo sempre presente que o prezo que se fixe no contrato para as uvas ten que permitirnos aos viticultores/ as vivir dignamente do noso traballo.

Dende esta perspectiva o SLG levamos todo o ano mantendo contactos co sector elaborador de cara a acordar uns prezos xustos para as nosas uvas de calidade.

Sabemos que os prezos que propoñemos son os máis baixos de tódalas denominacións de Orixe do Pais, pero estamos dispostos a facer un esforzo na procura de normalidade e estabilidade no sector.

Consideramos inxusta e inadmisíbel a pretensión dalgunhas adegas de mercar o kg de uvas de variedades preferentes e de calidade partindo de 0’50 € (o mesmo que se acordou para o Palomino no Ribeiro) , cando na maior parte dos casos ese viño se pon no mercado por riba dos 5 €.

A situación resulta aínda mais grave por atoparnos ás portas dunha vendima escasa, cun 35 % menos de previsión de colleita.

Dende o SLG pedimos os/as viticultoras/os da comarca que non asinen contratos por baixo dos 0’70 €/kg.



Moitas grazas pela vosa atención.

Ficheiro adxunto