A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. O Fouce 302 xa anda polas corredoiras: a voz da Galiza labrega a un golpe de rato

O Fouce 302 xa anda polas corredoiras: a voz da Galiza labrega a un golpe de rato

7 de Xullo do 2014

Fouce 302

Co verán, chega unha nova entrega do Fouce, o 302. Desta vez, destaca na portada que a Vía Campesina acadase do Consello de Dereitos Humanos da ONU a continuidade no proceso de elaboración dunha Declaración Universal dos Dereitos Labregos. Ademais, afondamos noutras cuestións como a preocupante actualidade do sector lácteo, os cambios normativos que se aveciñan no sector vitivinícola ou a reforma xudicial e supresión dos rexistros civís.

Tamén se inclúen entrevistas a Primitivo Lareu, vocal do SLG na DO Ribeira Sacra, e a Isabel Álvarez Vispo, técnica de EHNE-Bizkaia e coordinadora da rede de consumo Nekasarea; e reportaxes sobre o Sequeiro da Portela e a posta en marcha da banca ética Fiare na Galiza. E, como non, tamén damos conta da actividade do SLG no último bimestre: encontro en Medio Rural para tratar os problemas do saneamento gandeiro, a participación de Isabel Vilalba no Observatorio do Mercado Europeo do Leite, as denuncias en Vilalba pola utilización de herbicidas a carón de cultivos, ou a participación en diversas loitas sociais como o rodeo do Parlamento o 21 de xuño, a manifestación a prol de servizos esenciais para o Hospital Universitario Lucus Augusti, ou a defensa da lingua o 17 de maio. Todo iso e moito máis no Fouce 302, que xa podes descargar en pdf na icona que aparece no remate desta páxina ou premendo AQUÍ

Portada 302

Ficheiro adxunto