A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Fin de semana de diáologos e debates para mellorar o achegamento dos alimentos labregos á cidadanía

Fin de semana de diáologos e debates para mellorar o achegamento dos alimentos labregos á cidadanía

30 de Septembro do 2014

Debates

O Sindicato Labrego Galego inaugurou, o 26 de setembro, un seminario europeo no que se analizou, até o 29 de setembro, de que xeito se poden facer máis accesibles os alimentos que producen os labregos e labregas á cidadanía. Foi un evento no que participaron máis de medio cento de representantes de organizacións agrarias e de consumo de diversa procedencia como Austria, Alemaña, Holanda, Reino Unido, Francia, Noruega, Italia, Euskalherria ou Andalucía.

O seminario virou ao redor de dous eixes temáticos: os circuítos curtos de comercialización e a venda directa, coa exposición e análise de experiencias en toda Europa; e os sistemas participativos de garantía, que son redes nas que interactúan consumidores/as e produtores/as directamente, para producir e consumir alimentos que teñan a garantía de respectar os principios da agroecoloxía sen a tutela de organismos de control alleos a esta relación ou terceiras partes que fagan ese labor de certificación.
Durante toda a fin de semana, desenvolvéronse relatorios, debates e grupos de traballo na Casa da Terra (Antas de Ulla), con saídas de campo ao Mercado do Alimento Labrego dos Tilos (Teo), e ás explotacións ecolóxicas de leite de Antonio Carral (O Alle, Lalín) e de horta e froita de Pura Seoane en Feáns (Vedra). O luns 29 de setembro, celebráronse unha táboa redonda e unha conferencia no Hotel Congreso (Montouto, Teo) para facer públicas as conclusións do encontro que, en breve, compartiremos con vós. Tedes máis información nos seguintes enlaces:

Seminario Agroecoloxía