A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Os riscos da inercia cando se utiliza maquinaria agrícola

Os riscos da inercia cando se utiliza maquinaria agrícola

18 de Xuño do 2014

Volante de inercia

Cando falamos de inercia en maquinaria agrícola, referímonos a todo aquel elemento que, trala súa desconexión, segue en movemento durante un determinado período de tempo, cos riscos que isto ten á hora de causar accidentes se non adoptamos as medidas de precaución preceptivas.

PUNTOS CON INERCIA

O máis coñecido é o volante de inercia, compoñente dun motor ou dunha máquina destinado a regular o seu funcionamento. Está constituído por unha roda ou por un disco de ferro fundido ou aceiro que vai fixado sobre o eixe do motor. Nalgunhas máquinas agrícolas existen volantes de inercia que continúan xirando durante varios segundos despois de ser desconectadas (por exemplo, algúns tambores-cortadores de empacadoras, que teñen un tempo de parada que pode chegar aos 2 minutos).

RISCOS
  • Interrupcións súbitas no traballo: Comprobar o que sucedeu sen ter en conta que parte os mecanismos aínda están en movemento.
  • Comprobacións sobre máquinas paradas: Parte dos elementos de inercia poden acharse en situación de equilibrio inestable. A máis mínima presión ou pulo pode provocar o seu cambio á posición de equilibrio estable, co conseguinte accionamento dos elementos solidarios e a posibilidade de provocar un accidente.
MEDIDAS DE PROTECCIÓN E PREVENCIÓN
  • Coñecer que partes das máquinas constan de dispositivos inerciais, ónde se achan situados e que mecanismos accionan.
  • Tódalas zonas de máquinas con masas inerciais dispoñerán dos onvenientes resgardos de seguridade.
  • Asegurarse da parada total dos mecanismos.
  • Non intentar XAMAIS axudar á detención dunha parte móbil da maquinaria, nin mediante ferramentas, nin moito menos apoiando as extremidades.
ZONAS DE PROXECCIÓN
  • Determinadas máquinas poden proxectar partículas e elementos de diversos tamaños con gran forza e a gran velocidade.
  • O coñecemento das máquinas que comportan tal risco permite evitar estes accidentes e traballar de tal maneira que outras persoas tampouco corran perigo.