A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Os riscos específicos do período de vendima na actividade vitícola

Os riscos específicos do período de vendima na actividade vitícola

28 de Xuño do 2014

Corta de acios

Os viñedos das nosas denominacións de orixe están madurecendo e, en breve, iniciaremos unha nova vendima. Van ser días de intenso traballo, no que decotío traballan persoas a xornal que non están familiarizadas con esta actividade. Tanto para elas como para as que teñen máis experiencia, cómpre ler as recomendacións para evitar accidentes neste labor.

Tractor 

Debido ás irregularidades do terreo habituais en moitos viñedos de Galiza, poden producirse accidentes por envorco, caídas, aceleracións ou por freadas bruscas, sendo especialmente necesario evitar estas últimas.

Non se debe nunca viaxar de acompañante nun tractor ou nun remolque.

Tesoiras e ferramentas de corte

O acio cóllese sempre pola base, nunca polo talo.

Accidentes oculares por golpes ou picadelas:

A aproximación da cara e dos ollos ás cepas  pode dar lugar a picadelas, polo que se fai aconsellable a protección ocular.

Fatiga pola postura e por grandes esforzos

Hai que evitar as cargas excesivas. Tamén é conveniente realizar pausas periódicas en aras a unha correcta relaxación muscular

Riscos biolóxicos

O contacto con materiais e substancias contaminantes a través de feridas e cortes implica riscos biolóxicos, facéndose aconsellable a limpeza con abundante auga e xabón de calquera ferida desta caste. A este consello cómpre engadir a recomendación de dispoñer dun caixa de urxencias cos elementos necesarios para realizar curas, así como ter, a maiores, medicación antialérxica para o tratamento das reaccións deste tipo.

Cargas e descargas :

Debemos dispoñer de escaleiras con chanzos e reixas metálicas para facer a carga e a descarga das cestas de maneira cómoda e segura.

Tétano

As persoas que vendiman (como calquera traballador ou traballadora agrícola) corren un risco potencial de padecer tétanos, o que fai aconsellable a vacinación.

Picaduras de insectos 

As picaduras de abellas e avespas pode ser dunha certa gravidade, especialmente en persoas con alerxia ao seu veleno, o que aconsella evitar a roupa de cores vivos e rechamantes que poida atraer a estes insectos.