A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 10. Que fago en caso de accidente de traballo?

10. Que fago en caso de accidente de traballo?

22 de Septembro do 2014

Muletas e tractor

Entendemos por accidente laboral aquel dano ou lesión consecuencia do desempeño do noso traballo. No caso da actividade agropecuaria, un accidente laboral podería ser, por exemplo, unha caída cando estamos xuntando o gando no prado.

Que prazo teño para notificalo?

Temos o mesmo prazo que en enfermidade común ou accidente non laboral. A única diferenza é que quen dá a baixa é o persoal médico da mutua.

Isto fai que sexa moi importante comunicar ou ir (se é posible) o mesmo dia do accidente, ou canto antes, á oficina da mutua máis cercana onde vivimos.

Que documentación hai que achegar?

  • 3 ultimos cupóns da Seguridade Social.
  • Fotocopia do DNI.
  • Certificado da conta bancaria.
  • Impreso de solicitude (cada mutua ten os seus).
  • Declaración de situación da actividade (moi importante entregala nos 15 dias naturais seguintes á baixa médica).
  • Parte de baixa médica.
  • Parte de accidente de traballo (obrigatoriamente hai que envialo a través de Internet).

Onde se solicita?

Hai que entregar a solicitude e a documentación ou no INSS ou na mutua que temos escollida (se non lembramos cal é podese preguntar na Seguridade Social).

Canto se cobra?

Os cálculos coa base minima deste ano 875,70 /30 = 29,19 €

Cóbrase dende o dia seguinte á baixa médica.

29,19 € 75 %= 21,89 €

Duración

O tempo máximo que se pode estar de baixa médica son 365 dias, que se poden ampliar 180 dias máis se o decide a inspección médica.

IMPORTANTE:

Cando temos un accidente de traballo e imos ao hospital, logo debemos enviarlle unha copia do parte de accidente de traballo (se temos baixa médica) ou unha copia do parte de accidente sen baixa médica. Se non achegamos esta documentación, o Servizos Galego de Saúde enviará unha carta na cal di que se non remitimos a documentación emitirá factura polo asistencia sanitaria.