A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. O SLG anuncia mobilizacións por un prezo digno para o leite o vindeiro 18 de novembro

O SLG anuncia mobilizacións por un prezo digno para o leite o vindeiro 18 de novembro

6 de Novembro do 2008

Lupe Prado e Carme Freire

PRIMEIRO O PREZO, LOGO O CONTRATO.

 

O Sindicato Labrego Galego vén de anunciar en rolda de prensa na mañá de hoxe a convocatoria de mobilizacións para o vindeiro día 18 de novembro. 

Demandamos a fixación dun prezo mínimo consensuado para o leite como paso previo imprescindíbel para a posta en marcha dos contratos homologados.

A manifestación partirá dende a entrada Consellaría do Medio Rural finalizando na praza do Obradoiro,  perante  da Presidencia do Goberno Galego.

Malia que sempre valoramos a unidade de acción, esta mobilización realizarase de xeito paralelo á convocada por outros sindicatos agrarios. O Sindicato Labrego Galego non comparte o obxectivo de devandita mobilización, que avoga somentes pola posta en marcha de contratos, sen valorar que tipo de acordo se firma nestes documentos.

“Asinar por asinar”, sen garantir un prezo que cubra os custos de produción e a remuneración do traballo, é firmar a condena a morte do sector leiteiro, como ven sucedendo dende o mes de maio, data na que as outras organizacións agrarias e as industrias, coa mediación da Consellaría do Medio Rural e do MAPA, firmaron o contrato homologado.

Non é coherente firmar contratos en ningún ámbito da vida sen coñecer as condicións especificadas no documento.

O SLG esixirá con esta mobilización a actuación decidida da clase política , na que reside a responsabilidade de, dunha vez por todas, regular o leite coa eficacia e garantías que corresponde a un produto de primeira necesidade para a sociedade.

Moitas grazas pela vosa atención.

Ficheiro adxunto