A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. O sector lácteo en loita. Hoxe tócalle a Sarria.

O sector lácteo en loita. Hoxe tócalle a Sarria.

25 de Agosto do 2015

O sector lácteo mobilízase en Sarria

Despois das mobilizacións protagonizadas polo sector lácteo galego nas últimas semanas, que deron comezo na espectacular manifestación do 17 de xullo en Compostela, e que proseguiron con mobilizacións en capitais de importantes comarcas gandeiras, hoxe é a vez de Sarria.

Observamos como o sector lácteo galego agoniza ante a pasividade da Administración, que non ofrece solucións que dean resposta real aos problemas.

A situación que vive hoxe o sector lácteo galego é dramática. Pódese falar da xeralidade da situación de cobrar prezos que non cubren os custes de produción.

Trátase dunha situación prolongada no tempo, sen que desde os poderes públicos se actúe, amparando a súa inacción en trabas, seica, “legais”.

En localidades e comarcas, como a que hoxe se mobiliza, Sarria, a importancia do sector é vital; non só desde un punto de vista económico, senón tamén social. Sen sector lácteo, esta comarca -como outras galegas- ten o risco grave de agonizar.

É por iso necesaria a implicación social e institucional na defensa do sector nas mobilizacións que se están a levar adiante en diversas localidades galegas.

Na mobilización de hoxe,a celebrar entre as 12 e as 14 h. Prevese, como nas anteriores, tractorada e manifestación a pé, con lectura final dun manifesto en defensa do sector lácteo galego. É convocada pola Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego e á mesma chamamos a participar desde o SINDICATO LABREGO GALEGO.