A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. En Teixeiro e Curtis faise oir a voz do sector lácteo

En Teixeiro e Curtis faise oir a voz do sector lácteo

27 de Agosto do 2015

Melide Tractorada

Proseguindo as mobilizacións protagonizadas polo sector lácteo galego neste mes de agosto, hoxe serán as localidades de Curtis e Teixeiro as que contemplen ao mesmo moverse pola súa supervivencia.

A ausencia de resposta política, ofrecendo solucións estruturais e de amplo alcance, covirte en especialmente necesarias respostas contundentes e firmes por parte do sector.
Mentras en Estados do noso entorno -aí está o caso de Francia-, as autoridades non se agochan en obstáculos legais e se poñen en marcha acordos coa industria e a distribución que permitan subir o prezo que reciben os produtores/as, a situación do sector en Galicia é dramática, con prezos que en tantísimos casos non cobren custes de produción.
Non sendo isto novidoso, na actualidade a situación adquiriu rasgos de dramatismo. Entre tanto, os poderes públicos mantéñnese realmente na inoperancia, alegando -como é costume- supostas “dificultades legais”.
Repercusións particularmente graves ten isto en comarcas como a que hoxe se mobiliza, ao tratarse a produción láctea dun dos piares fundamentais da economia. Por iso é necesaria a implicación social e institucional na defensa do sector nas mobilizacións que ao longo do mes de agosto se desenvolven en diversas localidades galegas.
A loita continúa ... en tractores e a pe. Hoxe en Curtis e Teixeiro, entre as 11:30 e as 14 h. Desde o SINDICATO LABREGO GALEGO facemos un chamamento á sociedade en xeral para que defenda un sector tan importante para o país como o é o lácteo na mobilización impulsada pola Plataforma en defensa do sector lácteo.