A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. O SLG apoiará activamente a tractorada de Lugo diante da falla de solucións políticas á crise do sector lácteo

O SLG apoiará activamente a tractorada de Lugo diante da falla de solucións políticas á crise do sector lácteo

2 de Septembro do 2015

Tractorada Chantada

O Sindicato Labrego Galego, como organización integrante da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego, apoia a manifestación e a tractorada que os gandeiros e gandeiras van facer mañá, 3 de setembro, en Lugo. Expresamos o noso apoio tras meses de negociacións coa Consellaría de Medio Rural e co Ministerio de Agricultura, sen que ningún destes organismos teña feito nada aínda por solucionar que as nosas granxas sigan a cobrar o leite a prezos de miseria, moi por baixo dos custes de produción.

A última medida anunciada, consistente en dar 300 euros por vaca ás explotacións que menos cobran, segue a ser un parche paliativo que non toca a raíz do problema: a posición de dominio e abuso das industrias e das distribuidoras na cadea de valor para impoñer os prezos que queiran en orixe. Por iso, o Sindicato Labrego Galego estará mañá en Lugo para seguir demandando medidas políticas dirixidas á creación de prezos mínimos que cubran os custes de produción da actividade leiteira e garantan unhas rendas dignas para as persoas que traballan nas granxas de leite galegas.