A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. A proposta do Ministerio de Agricultura non serve porque non garante que suban os prezos do leite

A proposta do Ministerio de Agricultura non serve porque non garante que suban os prezos do leite

11 de Septembro do 2015

Xuntanza no Ministerio

O 10 de setembro, mentres 15.000 persoas se manifestaban en Compostela, en Madrid a Interprofesional Láctea e parte das industrias e da distribución debateron a proposta do Ministerio de Agricultura para o sector lácteo (pódese descargar na icona que hai ao final desta páxina web). A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, foi unha das encargadas de representar á COAG xunto á gandeira cántabra Charo Arredondo, Andoni García e o máximo responsábel desta organización estatal, Miguel Blanco. E o noso voto á proposta do Ministerio foi negativo.

Segundo relatou Isabel Vilalba, o texto presentado polo Ministerio de Agricultura segue sen concretar as medidas que presenta e sen articular normas legais que garantan o seu cumprimento, deixando isto último á boa vontade das empresas como até o de agora. Polo tanto, na xuntanza do Ministerio non houbo un acordo final, xa que tanto COAG e SLG como UPA negámonos a asinalo. Votaron a favor os representantes das industrias, da distribución, as cooperativas e Xóvenes Agricultores. Antes de facer calquera valoración, dende o Sindicato Labrego Galego queremos explicar en que consistiu o texto presentado polo Ministerio de Agricultura diante da asemblea da tractorada de Compostela para que sexan os gandeiros e as gandeiras quen decidan se prosiguen coas mobilizacións e as súas demandas diante do novo texto presentado.

Xuntanza Ministerio

Ficheiro adxunto