A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Vilar de Santos acolleu o primeiro encontro da mocidade en clave de (Re) do Sindicato Labrego Galego

Vilar de Santos acolleu o primeiro encontro da mocidade en clave de (Re) do Sindicato Labrego Galego

16 de Outubro do 2015

Mocidade labrega

O pasado 14 de outubro celebrouse en n'A Arca de Noé, en Vilar de Santos (Ourense), un encontro de labregos e labregas baixo o denominador común da súa mocidade e a intención de (Re)inventar a agricultura e o medio rural. Foi o primeiro dunha serie de encontros en clave de (Re) para pensar, dialogar e soñar de cara a transformar e construír, (Re)construír, a realidade.

(Re)voltar ao rural, (Re)inventar as aldeas, (Re)vitalizar a fraternidade, a solidariedade e a cooperación, (Re)descubrir as potencialidades, (Re)definir proxectos e ideas e darlle viabilidade, buscar futuro para o rural galego baixo as premisas da soberanía alimentaria, do bo facer, o realismo-utópico, a esperanza e a ilusión, é difícil pero posible. Esta semana comezamos a andar ese camiño co primeiro encontro da mocidade labrega en clave de (Re) e foi un éxito. Moitísimas gracias a Noemi por acollernos tan ben n'A Arca da Noe, e a todas e todos os participantes. Isto segue e non para. Seguiremos informando dos próximos encontros. O rural galego temos que construílo, pensalo, soñalo e transformalo entre moitos e moitas, pois outro rural galego non só é posible senón que é necesario!!! 

Encontro en clave de Re

Se queredes ver máis fotografías do encontro, podedes facelo premendo AQUÍ

Tamén tedes máis información das actividades da mocidade do SLG no FACEBOOK