A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. COP21: Contra as falsas solucións, agricultura labrega!

COP21: Contra as falsas solucións, agricultura labrega!

30 de Novembro do 2015

COP21 Vía Campesina

Do 30 de novembro ao 11 de decembro, desenvolverase en París a conferencia internacional polo clima COP21. Representantes de 196 países reuniranse para comprometerse a reducir as emisións de gases con efecto invernadoiro e paliar así o quecemento global do planeta. Podemos apostar, coa seguridade de que imos gañar, que o COP21 rematará cunha fermosa foto de unidade e satisfacción polos obxectivos acadados, pero sen teren decidido ningunha mudanza eficaz para solucionar o problema.

Tal e como nos teñen afeitos e afeitas, cada país dedicarase a defender a súa posición e a contentar aos seus lobbies en primeiro lugar. E non han faltar voces que nos van ofrecer como solucións ao cambio climático aberracións como os transxénicos, os agrocarburantes ou a biotecnoloxía.

Pola nosa banda, os labregos e labregas da Vía Campesina, denunciaremos que somos as primeiras vítimas do cambio climático, xa que traballamos cada día coa terra, co clima e coa natureza. E é por iso que sabemos e denunciamos que a agricultura industrial é unha das grandes culpables dos trastornos climáticos. Por iso, dende a Coordinadora Europea da Vía Campesina, e cun especial papel protagonista por parte da Confédération Paysanne como organización anfitrioa, organizaremos e apoiaremos mobilizacións en París para denunciar as falsas solucións que nos pretenden impor e para defender a agricultura labrega baseada na agroecoloxía como unha das principais accións a desenvolver para frear o cambio climático.

COP21 Via Campesina

Se queres afondar máis nos efectos sobre o clima que teñen a agricultura industrial e a agricultura labrega, descarga o documento que atoparás na seguinte icona, extraído do Fouce 305:

Ficheiro adxunto