A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. COP21: Cae o pano da mascarada

COP21: Cae o pano da mascarada

14 de Decembro do 2015

Manifestación COP21

Tras dúas semanas durante as cales os xefes e xefas de Estado se puxeron no centro do escenario para tranquilizar as súas conciencias, o Cumio polo Clima (COP21) presentou un acordo que moitos e moitas temiamos, xa por adiantado, que non ía ofrecer nada bo para os pobos do mundo. Nada do seu contido é vinculante para os estados, as contribucións nacionais lévannos cara a un quecemento global de máis de 3° C, e as multinacionais son as principais beneficiarias.

Para a Vía Campesina, o COP21 foi, esencialmente, un circo mediático. Con todo, á hora de asinar acordos de libre comercio, aí si, os Estados saben como facer compromisos vinculantes. Eses acordos ameazan o funcionamento democrático dos países e con só servir aos intereses das multinacionais. Unha vez máis, é evidente que os cartos ditan as leis, e mesmo teñen prioridade sobre o futuro da humanidade.
"Malia os múltiples intentos de silenciarnos estas últimas semanas, os movementos sociais fixeron oír a súa voz", dixo Antolín Huáscar, líder labrego de Perú. "O futuro do planeta está en mans dos pobos," agregou.
Os labregos e as labregas de todo o mundo das organizacións da Vía Campesina reuníronse, paralelamente ao remate do cumio, para advertir que o sector agrícola está sendo severamente afectado. Os labregos e as labregas, como gardiáns e gardiás dun clima cambiante, advertimos que a agricultura industrial ameaza con facernos desaparecer. Ao mesmo tempo, o COP21 abriu máis a porta á especulación financeira sobre a natureza, a industrialización da agricultura, e a aceleración do acaparamento de recursos como a terra, a auga e as sementes.
"Nós, labregos e labregas do mundo, regresamos aos nosos territorios e leiras aínda máis firmes na idea de seguir coa nosa loita pola soberanía alimentaria de todos os pobos do mundo", concluíu Huáscar.
A mascarada puido rematar, pero a loita labrega gañou forza.

Manifestación COP21