A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Nin os mercados, nin a falla de apoios da Consellería e do Ministerio, fan recuar as mobilizacións do sector lácteo

Nin os mercados, nin a falla de apoios da Consellería e do Ministerio, fan recuar as mobilizacións do sector lácteo

23 de Decembro do 2015

Cotizacións leite Fonterra

Os gandeiros e gandeiras seguen na Galiza coa súa vaga de bloqueos nas grandes superficies comerciais coa intención de forzar unha suba no prezo do leite na que nin a Consellaría de Medio Rural nin o Ministerio de Agricultura están dispostos a mediar nin apoiar. Mentres, a situación global do sector leiteiro, que nos toca de cheo por estarmos integrados na Unión Europea, segue a ser preocupante, con aumentos moi cativos das exportacións que non logran compensar a forte caída das vendas a China. Asemade, os prezos seguen coa súa volatilidade extrema, contrastando os 18 céntimos a que se paga o quilo de leite spot en Holanda cos 34,5 céntimos de Italia.

Os prezos de todos os produtos lácteos na UE baixaron na primeira quincena de decembro entre un 1'1% e un 1'7% segundo o último informe do Observatorio Europeo do Leite

O prezo spot do leite (leite cru cuxo prezo é pactado de maneira inmediata pola oferta e a demanda) descendeu en Holanda a 18 céntimos por quilo (13 de decembro) e aumentou en Italia até 34'5 céntimos por quilo (25 outubro).

As exportacións da UE aumentaron de xaneiro a outubro para a manteiga (+8%), mentres que se mantiveron estables para o leite en po. As exportacións da UE de queixo vanse recuperando mes a mes pero, sen embargo, aínda son un 3% máis baixas que no mesmo período anterior.

As importacións chinesas de leite desnatada en po e de leite enteiro en po descenderon nun 23% e un 52% respectivamente de xaneiro a outubro d e2015 en comparación co mesmo período de 2014.

A evolución dos custes en novembro-decembro rexistrou un descenso do 4'7% en pensos e un 7'2% en enerxía.

A poxa de Fonterra do 15 de decembro pechou cun incremento do índice do 1'9%.

Prezos leite Fonterra