A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. As Comunidades de Montes de Romariz e Labrada de Abadín denuncian o roubo de madeira na zona da Fragavella

As Comunidades de Montes de Romariz e Labrada de Abadín denuncian o roubo de madeira na zona da Fragavella

10 de Outubro do 2008

Roubo de madeira na zona da Fragavella

Membros das directivas das Comunidades de Montes de Romariz e Labrada de Abadín, veñen de poñer en coñecemento da Garda Civil de Abadín, o feito de que na zona da Fragavella -pertencente ós Montes Comunais de Romariz, Labrada de Abadin, Estelo e Figueiras de Mondoñedo-estase a talar e levar madeira sen permiso dos comuneiros/as. 

@s representantes das mancomunidades afectadas 

De esquerda a dereita, @s representantes das mancomunidades afectadas: XAVIER PRIETO (SECRETARIO LABRADA), HENAR ROMAN (PRESIENTA LABRADA), DANIEL LOPEZ (PRESIDENTE DE ROMARIZ), MANUEL RIVAS (VICEPRESIDENTE DE LABRADA)

 

Dende o Sindicato Labrego Galego, manifestamos o noso apoio ás reivindicacións dos comuneiros/as ao respecto da propiedade do monte, como xa o fixemos no ano 1996. 

Asemade, pedimos á Consellaría do Medio Ambente que cese todo tipo de actuación no Monte Comunal propiedade do veciños/as. 

Os servizos xurídicos do Sindicato Labrego póñense a disposición d@s veciñ@s afectad@s. 

Antecedentes 
No ano 1996, a veciñanza impediu que se realizase o peche desta zona por parte da Consellaría de Medio Ambente, xa que se trataba de propiedade veciñal, clasificado como Monte Veciñas en Man Común polo Xurado Provincial de Montes e inscrito no rexistro da propiedade. 

Moitas grazas pela vosa atención. 

Saúdas do Gabinete de Comunicación do Sindicato Labrego Galego

OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON 
Henar Roman, Presidenta da COMUNIDADE LABRA ABADIN 
TLF:654194446 
Margarida Prieto Ledo, Coordinadora Comarcal do SLG 
TLF. 659985308 

Ficheiro adxunto