A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. O Sindicato Labrego Galego dirixe un escrito ao Ministerio de Xustiza solicitando o indulto de Andrés Bódalo

O Sindicato Labrego Galego dirixe un escrito ao Ministerio de Xustiza solicitando o indulto de Andrés Bódalo

1 de Xuño do 2016

Andres Bodalo

O Sindicato Labrego Galego presentou un escrito dirixido ao ministro de Xustiza, Rafael Catalá, solicitando o indulto de Andrés Bódalo, xornaleiro e dirixente do SOC-SAT, que cumpre condena de prisión dende o 30 de marzo por unha protesta realizada no ano 2012 en demanda de emprego e prestacións sociais para os traballadores e as traballadoras do campo.

Ademais, dende o SLG tamén pedimos que se reciba de maneira urxente aos 16 dirixentes do SOC-SAT en folga de fame en Madrid.

Para o SLG, non hai motivos para que Andrés Bódalo siga encarcerado e sufrindo un castigo desproporcionado. Con esta condena, téntase criminalizar a protesta social e disuadir a xornaleiros e xornaleiras das súas mobilizacións lexítimas en defensa da terra, dos recursos naturais e dun modelo agrícola sostíbel que posibilite a soberanía alimentaria e unha vida digna no medio rural.

Bodalo 1 

 Bodalo 2