A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. MSC International publica unha análise global da interacción entre a agricultura labrega e os mercados

MSC International publica unha análise global da interacción entre a agricultura labrega e os mercados

26 de Outubro do 2016

guía mercados locais

Vinculación dos produtores a pequena escala cos mercados” é unha completa guía, froito de dous anos de intenso traballo, realizada por Mecanismo da Sociedade Civil sobre Seguridade Alimentaria e Nutrición (MSC International) que analiza, a escala global, a interacción entre a agricultura labrega e os mercados. 

Desta maneira, na guía publicada por MSC International analízanse extremos como o efecto destrutivo dos tratados de libre comercio ou as fecundas interaccións entre a cidadanía, os poderes públicos e a agricultura local: dende a venda directa de leite por granxas en Gran Bretaña; aos consellos de política alimentaria en cidades como Toronto, Gante, Bristol, Turín ou Belo Horizonte; pasando por políticas en países como Brasil, onde os concellos que queiran recibir financiamento para a manutención dos comedores escolares teñen a obriga de mercar o 70% de alimentos non procesados e o 30% restante a explotacións agrícolas de familias labregas locais. Podedes descargar o informe completo na icona que atoparedes no remate desta páxina. 

Informe mercados locais

Ficheiro adxunto