A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Parte da intensa axenda de traballo do Sindicato Labrego Galego das últimas semanas vén recollida no Fouce 314

Parte da intensa axenda de traballo do Sindicato Labrego Galego das últimas semanas vén recollida no Fouce 314

30 de Xaneiro do 2017

Cabeceira Fouce 314

Esta semana chegará ás casas un Fouce, o 314, no que se dá conta de importantes eventos organizados ou apoiados polo SLG nas últimas semanas, como o I Foro Labrego de Agroecoloxía, a Xornada sobre comedores escolares organizada pola Universidade de Vigo, o Foro Nyéléni de soberanía alimentaria, a axenda da Secretaría das Mulleres contra a violencia machista, o relatorio do Congreso de Vacún de Carne ou as Xornadas sobre pastoreo no sector lácteo da Terra Chá. Ao igual que a entrevista da contraportada a Sonia Couso (Cooperativa Amarelante), algúns destes contidos xa os compartimos con vós ao longo da semana pasada. Podedes descargar a publicación completa na icona que atoparedes no remate desta páxina.


Fouce 314

Ficheiro adxunto