A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. O SLG celebra un foro para introducir a cuestión LGTBI na axenda agraria e desfacer o falso tópico do rural LGTBfóbico

O SLG celebra un foro para introducir a cuestión LGTBI na axenda agraria e desfacer o falso tópico do rural LGTBfóbico

19 de Xuño do 2017

Hórreo LGTBI

Medio cento de persoas participaron, o pasado sábado 17 de xuño, no Foro de colectivos de gais, lesbianas, transexuais e bisexuais (LGTBI) “O rural galego entende. Faite ver”. A actividade foi organizada pola Asociación Punto Delas coa colaboración do Sindicato Labrego Galego e o financiamento da Deputación da Coruña.

No marco da Casa da Curiscada (Burres, Arzúa), os e as participantes dialogaron, debateron e reflexionaron ao longo de toda a xornada sobre a cuestión LGTBI en relación co espazo rural e, especialmente, da súa integración na axenda das organizacións agrarias. Sería moi longo tentar resumir todo este crisol de voces, ideas e opinións nun só texto, polo que, ao longo das vindeiras semanas, iremos compartindo con vós vídeos e textos sobre o que deu de si esta actividade tan intensa e enriquecedora, tanto para o SLG como @s participantes e que, sen dúbida, marcará un antes e un despois no traballo do SLG.

Para ir facendo boca, adiantamos un par de ideas da charla inaugural da secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba Seivane, quen recoñeceu a necesidade de que as propias organizacións agrarias saian plenamente do armario e fagan da cuestión LGTBI un eixe central da súa identidade e do seu traballo. Na súa intervención, Vilaba defendeu o medio rural como un entorno no que tamén hai futuro, con xente nova e sexodiversidade; fronte á imaxe tópica “en branco e negro e máis propia do Nodo que dos tempos actuais” de que o único que podemos atopar no agro é xente vella, abandono, pobreza, falta de expectativas, mentalidade conservadora e LGTBIfobia. Velaí, xa que logo, dous dos eixes centrais sobre os que virou o Foro e sobre os que habemos afondar en días vindeiros.

Foro LGTBI 2