A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Labregos e labregas exhiben os seus produtos caseiros en Santiago para esixir á Xunta que protexa ao sector. Xornada Reivindicativa do Produto Caseiro

Labregos e labregas exhiben os seus produtos caseiros en Santiago para esixir á Xunta que protexa ao sector. Xornada Reivindicativa do Produto Caseiro

26 de Septembro do 2008

Non hai imaxe

Unha ducia de labregos e labregas exhibiron hoxe os seus produtos caseiros (tartas, ovos, legumes, empanadas, pan, marmeladas...) na praza de Europa, sita en Área Central, en Santiago de Compostela, para demandar á Xunta que protexa ao sector e modifique o borrador do decreto que está a preparar a Consellaría do Medio Rural e que temen inclúa unhas condicións inasumíbeis para eles. 

A xornada reivindicativa foi organizada polo Sindicato Labrego Galego en colaboración co Colexio Oficial de Veterinarios da Coruña, e incluíu unha serie de conferencias nas que a secretaria xeral do SLG, Carme Freire, e o presidente colexial dos veterinarios da Coruña, Uxío Rey, analizaron a situación do produto caseiro en Galiza, mentres que o doutor veterinario Ugo Boldi e Deborah Infante, representante do Sindicato Veterinario de Saúde Pública francés, expuxeron o estado do sector en Italia e Francia, respectivamente. 

Labregos e labregas defenden que o Decreto de Artesanía Alimentaria de Galiza que elabora Medio Rural teña en conta as dimensións familiares das súas explotacións ao fixar as condicións hixiénico-sanitarias que deben cumprir, porque coas directrices que se están a barallar só as empresas terán posibilidades de continuar no mercado. 

O SLG sostivo tamén a necesidade de que se establezan controis que eviten que as grandes e medianas empresas se apropien da nomenclatura de produto caseiro cando en realidade corresponde unicamente as explotacións familiares, que os elaboran con materias primas e os levan directamente ata o consumidor. 

Moitas grazas pela súa atención. 

Saúdas do Gabinete de Comunicación do Sindicato Labrego Galego 
OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON :
Ana Rodríguez Vázquez 
TLF: 659 057 251

Ficheiro adxunto