A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 30 de setembro: Manifestación nacional en Compostela en defensa dos dereitos e liberdades en Cataluña

30 de setembro: Manifestación nacional en Compostela en defensa dos dereitos e liberdades en Cataluña

27 de Septembro do 2017

Democracia é decidir

Este sábado, 30 de setembro, a Plataforma Galiza con Catalunya, conformada por diversas organizacións políticas, sociais, sindicais e culturais galegas, convoca unha manifestación nacional en Compostela con saída ás 12h da Alameda baixo o lema "Democracia é decidir".

A Plataforma ten como obxectivo mostrar o apoio desde Galiza ao proceso democrático catalán materializado nun referendo que o Estado español considera ilegal e pretende prohibir pola vía da forza policial, da persecución xudicial dos seus promotores e da suspensión da autonomía catalá pola porta de atrás, valéndose de subterfuxios para tentar controlar o goberno de Catalunya. Aínda sen recorrer formalmente ao artigo 155 da constitución española, que supendería de iure a autonomía, os últimos pasos dados polo goberno de Madrid suspenden de facto as institucións de autogoberno catalás por apoiaren e daren forma á vontade maioritaria do pobo de Catalunya que nas últimas eleccións autonómicas votou conscientemente opcións políticas que tiñan claramente explicitado no seu programa a celebración dun referendo de autodeterminación.

A imputación de máis de setecentos alcaldes e alcaldesas, as detencións de cargos eleitos, o envío masivo de efectivos de corpos policiais e a máis que previsible radicalización de todo este programa represivo con tal de impedir que a xente se exprese libremente nunhas urnas xa non causa perplexidade. Ao contrario, o que fai é confirmar o radicalismo antidemocrático do Estado. 

Desde a Plataforma Galiza con Catalunya animamos a todo o pobo galego a participar nesta mobilización cívica contra ese estado prepotente que nega o dereito internacional básico — onde o dereito de autodeterminación que tamén reclamamos para o noso país está especificamente recollido — e a favor dun xornada de votación normalizada, tranquila e libre. Animamos tamén toda a comunidade galega emigrada en Catalunya a dar un Si á proclamación dunha República Catalá independente.
Forman parte da Plataforma Galiza con Catalunya as seguintes organizacións: 
Anova-Irmandade Nacionalista
Agora Galiza
Asociación Cultural Arrulique de Vigo
Bloque Nacionalista Galego
Briga
Causa Galiza 
Ceivar 
Centro Social A Galleira de Ourense 
Centro Social A Gentalha do Pichel
Centro Social Gomes Gaioso de Corunha 
Centro Social O Fuscalho de Tui 
Centro Social Revolta de Vigo 
Centro Social Xebra de Burela 
Colectivo Nacionalista de Marín
Colectivo Terra de Pontedeume
Confederación Intersindical Galega 
Corrente Vermelha 
Erguer. Estudantes da Galiza
Fronte Popular Galega 
Federación Rural Galega
Fundaçom Artábria
Galiza Nova
Isca!
LiGanDo
Local Social Faisca de Vigo 
Mar de Lumes 
Movemento Galego ao Socialismo
Mulheres Nacionalistas Galegas
Partido Comunista do Povo Galego
Sindicato Labrego Galego
Brochura web