A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. O CERTIFICADO VETERINARIO: máis burocratización e privatización para as explotacións.

O CERTIFICADO VETERINARIO: máis burocratización e privatización para as explotacións.

4 de Septembro do 2008

Certificado Veterinario

O certificado veterinario para o gando volta a ser obrigatorio, mais o sector estase a enterar grazas aos medios de comunicación. 

Co gallo dos primeiros casos da aparición da síndrome da Encefalopatía Esponxiforme-, as institucións sanitarias puxeron en marcha un certificado veterinario que, canda a declaración xurada do produtor/a, presumía asegurar ao consumidor/a as garantías sanitarias e alimentares precisas. 

Este certificado eximía de toda responsabilidade aos veterinarios/as, trasladándolla por enteiro aos gandeiros/as. 

En outubro do ano pasado produciuse a anulación do Certificado Veterinario, ficando só a declaración xurada do gandeiro/a acompañado do documento de identificación do animal (D.I.B) como únicos requisitos para chegar ao matadoiro. 

Perante desta situación, o Consello Xeral de Colexios de Veterinarios de España presentou un recurso alegando que a carne non cumpría as garantías sanitarias precisas. Fai uns meses o Tribunal Xudicial dictou sentenza a favor do Consello, polo que o Certificado Veterinario voltou a ser obrigatorio. 

Dende o SLG denunciamos a ineficacia deste certificado, pois cunha ollada visual por parte do/a veterinario/a non cremos que se poida asegurar que o animal está enfermo ou tomando algún tipo de tratamento. O que realmente garante a seguridade alimentaria son as análises post mortem dos canais de carne no propio matadoiro, realizados tamén por veterinarios/as.

Por outra banda, este certificado impón nas explotacións unha cada vez maior burocratización, ademais de afondar na privatización dos servizos conlevando un custo económico engadido (entre 10 e 20€ por animal) e merma do rendemento da súa xornada laboral, xa que han de estar pendentes da chegada do veterinario/a á explotación. 

Agardamos que nesta ocasión a Administración actúe competentemente, e advertimos de que dende o SLG non permitiremos este novo abuso ós labregos e labregas, baseado ademais nunha falsa seguridade para ós consumidores/as. 

Moitas grazas pela vosa atención. 

Saúdas do Gabinete de Comunicación do Sindicato Labrego Galego 

OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON 
Adolfo Cabarcos Saavedra, Secretario Sectores Gandeiros 
Tlf: 686 304 122

Ficheiro adxunto