A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. O SLG detecta erros masivos na revisión catastral de Vilalba que afectan 1.200 expedientes de granxas no municipio

O SLG detecta erros masivos na revisión catastral de Vilalba que afectan 1.200 expedientes de granxas no municipio

11 de Xaneiro do 2018

Catastrazo

En días pasados, o Concello de Vilalba anunciaba a aprobación de bonificacións na aplicación do Imposto de Bens Inmobles (IBI) coa intención de minguar o forte impacto económico que a revisión catastral realizada neste municipio ía ter nas economías familiares, especialmente no rural e nas propiedades das granxas. Porén, esta boa nova verase ensombrecida polos erros masivos que se cometeron na Regularización catastral.

E é que, segundo soubemos no Sindicato Labrego Galego (SLG), os servizos de recadación da Deputación de Lugo, veñen de enviar 1.200 notificacións nas que reclaman atrasos do IBI de 2015 a bens regularizados ese mesmo ano. Xa non abondaba cos prexuízos económicos do catastrazo -taxas de 60 euros na revisión de cada ben e o correspondente incremento do IBI-, senón que agora castigan aos e ás contribuíntes cunha carreira de obstáculos burocrática innecesaria motivada por erros administrativos.

Despois de varias comprobacións, constatamos que moitos deses expedientes correspóndense con cortes e instalacións agrarias e non teñen a obriga de pagar eses atrasos porque as alteracións deberían ter efectos no Catastro Inmobiliario dende o 01/01/2016.

A normativa reguladora especifica, di sobre a data de alta para as construcións indispensables para o desenvolvemento das explotacións agrarias que: “Los valores tendrán efectividad el día 1 de enero siguiente a aquel en que se publique la mencionada resolución, con independencia de la fecha en que se notifiquen.” Vexámolo no Real Decreto Lexislativo 1/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei do Catastro Inmobiliario. A disposición adicional terceira do procedemento de regularización catastral 2013-2016 di:

4. La incorporación en el Catastro de los bienes inmuebles o la modificación de su descripción resultante de la regularización, surtirá efectos desde el día siguiente a aquél en que se produjeron los hechos, actos o negocios que originen la incorporación o modificación catastral, con independencia del momento en que se notifiquen, sin perjuicio de lo dispuesto en el párrafo tercero de la disposición adicional cuarta para aquellos bienes inmuebles que tengan naturaleza rústica y cuenten con construcciones indispensables para el desarrollo de las explotaciones agrícolas, ganaderas o forestales.

En canto a esa disposición adicional cuarta sobre a valoración das construcións indispensables para o desenvolvemento de explotacións agrícolas, gandeiras e forestais en solo rústico, di:

En aquellos municipios en los que no se haya realizado un procedimiento de valoración colectiva de carácter general con posterioridad al 1 de enero de 2006, a partir de la publicación de la resolución a la que se refiere el apartado 2 de la disposición adicional tercera, se determinará un nuevo valor catastral para aquellos bienes inmuebles que, con arreglo a la normativa anterior a la Ley 48/2002, de 23 de diciembre, del Catastro Inmobiliario, tengan naturaleza rústica y cuenten con construcciones indispensables para el desarrollo de las explotaciones agrícolas, ganaderas o forestales.

Estos valores, en tanto no se aprueben las nuevas normas reglamentarias de valoración de inmuebles rústicos, se obtendrán por la aplicación de las reglas contenidas en la disposición transitoria primera, referidas a la ponencia de valores vigente en el municipio.

Los valores tendrán efectividad el día 1 de enero siguiente a aquel en que se publique la mencionada resolución, con independencia de la fecha en que se notifiquen.”

Diante disto, o Sindicato Labrego Galego vai rexistrar un escrito no Concello de Vilalba no que demanda do goberno municipal que dea á Deputación de Lugo orde de paralización do cobro ao que instan estas notificacións, até que se comprobe se efectivamente se trata de construcións agrarias ou non e, de selo, se corrixa de oficio a data de efecto da regularización.
A maiores, a coordinadora comarcal do SLG na Terra Chá, Margarida Prieto Ledo, solicitou unha entrevista co alcalde de Vilalba, Agustín Baamonde Díaz, e co persoal técnico responsábel da área económica no concello, para tratar esta problemática e buscar o mellor xeito de solucionala.