A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. O SLG solicita á CMR que acepte as solicitudes de subvención de razas autóctonas presentadas o 26 de maio.

O SLG solicita á CMR que acepte as solicitudes de subvención de razas autóctonas presentadas o 26 de maio.

20 de Novembro do 2008

Rubia Galega

A confusión no prazo de presentación de devanditas solicitudes partíu da propia administración. 

No dia de hoxe o SLG solicitou da Consellaría do Medio Rural que se establezan mecanismos para non denegar as solicitudes de subvencións de razas autóctonas entregadas no dia 26 de maio, xa que é un número considerábel, máis de un cento, e ademais é de dominio público que máis de unha Delegación Territorial da Consellaría informou de que o prazo remataba no dia 26, posibelmente por mal entendidos á hora de contar o prazo.

Dende o SLG consideramos que non pode ser casual que tantas solicitudes se entregaran fóra de prazo, e todas elas no dia 26; máis ben parécenos que este feito é debido a unha mala información, e que polo tanto non deben ficar anuladas tantas solicitudes. Por outra banda estamos seguros que esa información errada partíu da propia Administración, razón pola cal as solicitudes fóra de prazo se concentran nas comarcas onde se informou deste xeito. 

As explotacións solicitantes non son polo tanto quen cometeron o erro, mais si se pretende que sexan elas quen o paguen, ficando sen subvención por un erro que segundo tódolos indicios, partíu da propia Administración. 

O Sindicato Labrego Galego demanda á CMR que asuma a súa responsabilidade na confusión de datas, aceptando as solicitudes rexistradas no dia 26 de maio. 

Moitas grazas pela vosa atención. 

Saúdas do Gabinete de Comunicación do Sindicato Labrego Galego 

OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON :
Xabier Gómez Santiso, Coordenador de Sectores Gandeiros do SLG, 
TLF: 660 215 335 
Margarida Prieto Ledo, Responsábel Comarcal A Terra Chá, 
TLF: 659 985 308

Ficheiro adxunto