A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. O Sindicato Labrego Galego da Mariña elixe a Iván Rodríguez Lombardero como novo responsábel comarcal

O Sindicato Labrego Galego da Mariña elixe a Iván Rodríguez Lombardero como novo responsábel comarcal

16 de Marzo do 2018

Iván Rodríguez Lombardero

O Consello Comarcal do Sindicato Labrego Galego da Mariña acordou por unanimidade a remuda na coordinación comarcal da organización que viña desempeñando Antonio Villarino desde o ano 2001. O substituto de Villarino será Iván Rodríguez Lombardero, que traballa no SLG desde setembro de 2015 como responsábel do local de Vilanova de Lourenzá.

Lombardero é xeólogo pola Universidade Complutense de Madrid e fixo o doutoramento na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Montes, onde se especializou en Planificación Rural e Avaliación de Impacto Ambiental. Neste senso, o novo responsábel comarcal do SLG na Mariña ten vinte anos de experiencia en proxectos nacionais e internacionais, foi consultor do programa CORDIS (Community Research and Development Information Service) da Comisión Europea, e traballou tamén nas administracións ambientais autonómica e local, ocupando a praza de técnico de Medio Ambiente durante tres anos no Concello de Ribadeo.

Ademais de responsábel do local de Lourenzá, Iván Rodríguez Lombardero ten participado, dentro do SLG, en xornadas de eficiencia enerxética e sobre a loita fronte a couza guatemalteca. Actualmente, é representante do Sindicato Labrego na Rede de Decrecemento de Galicia, O Bierzo e Eo-Navia.

Iván Rodríguez Lombardero