A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. O Sindicato Labrego Galego lamenta que gandeiros/as e agricultores/as estradenses perdan axudas por deixadez municipal

O Sindicato Labrego Galego lamenta que gandeiros/as e agricultores/as estradenses perdan axudas por deixadez municipal

29 de Outubro do 2008

Concello da Estrada

Que está pasando na Concellaría de Urbanismo do Concello da Estrada? É esta a pregunta que se fan preto dunha decena de agricultores/as e gandeiros/as de devandito concello.

O vindeiro día 31 de outubro remata o último prazo (xa que esgotaron todas as prórrogas) para presentar as pertinentes licenzas de obras ante a Consellaría do Medio Rural e así poder acceder ás axudas de Primeira Instalación de Xóvenes Agricultores e ao Plans de Mellora das explotacións xa existentes. 

Isto é, pérdense as axudas para as novas persoas que queren vivir e traballar no rural estradense; pérdense as ilusións e a capacidade emprendedora que tanto fai falta no noso concello e, sobre todo, nestes momentos; e pérdense de facer obras e instalacións que benefician a outros sectores. 

Cando falamos de urbanismo non só falamos de vivendas e pisos, senón que hai un tecido económico moi importante no noso rural que está esmorecendo. 

Vai máis dun ano dende que o Sindicato Labrego Galego lle entregou persoalmente unha listaxe de persoas afectadas por estes problemas á Concelleira de Urbanismo e, a día de hoxe, todo segue igual. Tan igual que dende o sector gandeiro vemos que houbo a mesma parálise na Concellaría de Urbanismo en lexislaturas pasadas cun goberno soportado polo do Partido Popular (PP), que na actualidade, e neste caso concreto, polo Partido Socialista Obrero Español (PSOE). 

Dende o Sindicato Labrego Galego lamentamos esta situación e esperamos que muden as formas de facer política no que respecta ao Urbanismo no Concello da Estrada, e non só as caras. 

Moitas grazas pela vosa atención. 

Saúdas do Gabinete de Comunicación do Sindicato Labrego Galego 

OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON:
Marcos Louzao, Responsábel Comarcal do SLG en Tabeirós-Terra de Montes 
TLF: 659 211 523

Ficheiro adxunto