A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. O SLG valora positivamente a reacción da Deputación Provincial de Lugo perante da denuncia do cobro do IBI ós MVMC feita pública no día de onte. Agardamos que esta resposta sexa secundada por tódalas deputacións do País.

O SLG valora positivamente a reacción da Deputación Provincial de Lugo perante da denuncia do cobro do IBI ós MVMC feita pública no día de onte. Agardamos que esta resposta sexa secundada por tódalas deputacións do País.

9 de Outubro do 2008

IBI

No día de hoxe a Deputación Provincial de Lugo deu a coñecer mediante unha nota de prensa a súa vontade de “devolver de xeito inmediato” as cantidades correspondentes ao IBI cobradas ós MVMC. 

Nembergantes, tras termos coñecemento de que varias Comunidades de Montes Veciñais en Man Común da provincia de Pontevedra se atopan perante desta mesma problemática, agardamos que a Deputación de devandita provincia se manifeste ao respecto, asumindo a ilegalidade destes cobros segundo o Art.2 da Lei 13/89 do Parlamento de Galiza, Lei de Montes Veciñais en Man Común, no que se especifica que os montes veciñais en man común non están suxeitos a ningunha contribución de base territorial. 

Moitas grazas pela vosa atención. 

Saúdas do Gabinete de Comunicación do Sindicato Labrego Galego 

OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON:
Charo Sánchez Parga, Secretaria de Medioambiente, Terra e Montes 
TLF: 669 651 700 
Benxamín Valboa, Presidente da Mancomunidade de Montes de Toca (Samos) 
TLF: 678 786 453 
Manolo Díaz, Presidente da MVMC de Lamagrande (Láncara) 
TLF: 610 388 742

Ficheiro adxunto