A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. O Sindicato Labrego apoia a concentración deste sábado das persoas afectadas polas louseiras en Mondoñedo

O Sindicato Labrego apoia a concentración deste sábado das persoas afectadas polas louseiras en Mondoñedo

29 de Xuño do 2018

Concentración louseira Mondoñedo

O Sindicato Labrego Galego apoiará a concentración que se convocou para este sábado, 30 de xuño, ás 12:00 na praza do Concello de Mondoñedo, en solidariedade coas persoas afectadas pola actividade da Louseira Veira do Río (PIVERI SL), nomeadamente os traballadores e traballadoras da empresa que non cobran e a Asociación de Afectadas polas Louseiras de Santa María Maior e Lindín. A maiores, dende o SLG faremos un chamamento á nosa afiliación para que apoie a protesta.

En palabras do responsábel comarcal do SLG na Mariña, Iván Rodríguez Lombardero, “o caso de PIVERI SL é paradigmático. Tras case quince anos funcionando á marxe das disposicións, tiveron que ser as persoas afectadas quen se moveron para pedir que se cumpra, cando menos, o pagamento da terra expropiada. Pero nin iso. A louseira mantén débedas coas persoas traballadoras, incumpre os termos da declaración de impacto ambiental, destrúe pistas de titularidade municipal, etc. E que fan as administracións diante destes atropelos? Concederlle á empresa subvencións que dobran o importe das sancións que se lle impoñen polas infraccións cometidas”.

Esta minaría non é sustentable”, explica Iván Rodríguez, “e non o é, en grande medida, polo desleixo das administracións, que permiten o reiterado incumprimento das leis, dos regulamentos, dos plans de explotación, dos plans de restauración, dos plans de traballo, das normas municipais, das resolucións administrativas e mesmo, xa en último termo, dos precintos das explotacións. E como exemplo de todo isto, a Louseira Veira do Río

Dende o SLG, demandamos que se cumpra a lei. Nin máis nin menos. E, entre outras cousas, que as terras agrarias poidan volver selo tralo aproveitamento dos recursos mineiros. Unha década de explotación non pode compensar a perda de séculos de aproveitamento agrario nin hipotecar o rendemento agrícola desas terras para as futuras xeracións.


Louseira Mondoñedo