A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. A multitudinaria manifestación contra a mina de Touro O Pino na portada do Fouce 320, xa dispoñible na nosa web

A multitudinaria manifestación contra a mina de Touro O Pino na portada do Fouce 320, xa dispoñible na nosa web

5 de Xullo do 2018

Fouce 320

A multitudinaria manifestación que asolagou as rúas de Compostela contra a mina de Touro e O Pino ocupa o centro da portada do Fouce 320, que vén de saír do prelo e enviarase ás parroquias galegas ao longo da vindeira semana. Ademais, tratamos outros temas como o do parque eólico de Pobra, os debates ao redor da reforma da PAC, a campaña contra o PXOM de Curtis ou a denuncia das irregularidades de Erimsa.

En cuestións propias do agro, falamos da teima da Comisión dos Mercados e da Competencia por torpedear calquera iniciativa positiva para as granxas de leite, da creación dun novo grupo de traballo no sector do viño ou da notable participación da afiliación do SLG nos concursos de razas de gando autóctonas, con seis galardoados na Semana Verde de Silleda. Tamén lle fixemos unha ampla entrevista a Xulio Rodríguez Bermúdez, horticultor de Mondoñedo que compartiu con nós a interesante experiencia de cooperativismo e comercialización da SAT Labregos de Lugo. Todo isto e moito máis no Fouce 320 que xa podes descargar na icona que atoparás no remate desta páxina.

Portada Fouce 320

Ficheiro adxunto