A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Colexio de Logopedas e SLG preocupados pola denegación de axudas a alumnado con necesidade de apoio educativo

Colexio de Logopedas e SLG preocupados pola denegación de axudas a alumnado con necesidade de apoio educativo

27 de Xullo do 2018

O Colexio Profesional de Logopedas e o SLG preocupados polas denegacións de axudas a nenos e nenas con necesidade de apoio educativo

Na pasada convocatoria foron numerosos os casos de nenos e nenas que, tras térselles concedido a axuda en anos anteriores, viron denegada a súa solicitude. Retirar este tipo de subvencións pode supór para moitos nenos e moitas nenas a perda de terapias moi importantes para o seu desenvolvemento

A Coruña, 23 de xullo de 2018. O Colexio Profesional de Logopedas de Galicia (CPLGA) e o Sindicato Labrego Galego (SLG) reuníronse para analizar os casos das numerosas denegacións de axudas para alumnos e alumnas con necesidade específica de apoio educativo convocadas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte que se produciron na pasada convocatoria.

Dende hai anos, estas axudas contemplan dúas modalidades: axudas e subsidios dirixidos a alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastorno grave de conduta, e axudas para programas complementarios a alumnos e alumnas con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades.

Ambos colectivos advirten que moitas das denegacións que se produciron na pasada convocatoria débense ao feito de que os/as solicitantes non teñen o recoñecemento de discapacidade e que esta circunstancia deixa fóra das axudas a grande cantidade de nenos e nenas con necesidade de apoio educativo que non teñen tal recoñecemento, pero si trastornos que afectan directamente ao seu desenvolvemento, como poden ser os trastornos específicos da linguaxe, trastorno por déficit de atención e hiperactividade ou a dislexia, entre outros.

A necesidade de intervención logopédica nestes casos é esencial dende o mesmo momento do diagnóstico, polo que a falla de apoio económico obriga a moitas familias a abonar integramente estas terapias ou , no peor dos casos, a prescindir delas.

Ademais, a realidade das familias do rural vese agravada xa que teñen que salvar outras dificultades na educación das súas fillas e fillos con necesidades especiais de apoio educativo como falta de servizos cercanos o domicilio, problemas de transporte ou largas distancias que deben percorrer para acudir a terapias.

Preocupa, especialmente, ao CPLGA y ao SLG o feito de que, na pasada convocatoria, se denegasen moitas becas a nenos e nenas que, en anos anteriores e co mesmo diagnóstico, fóronlles concedidas. As resolución de denegación aluden a que os nenos e nenas non cumpren os requisitos establecidos, cousa que lles estraña tendo en conta que a convocatoria non variou respecto a anos anteriores.

Ficheiro adxunto