Esta semana imprimimos o novo Fouce 329, correspondente ao último bimestre do ano, e no que poderás atopar, entre outros contidos, un caderno central sobre IV Foro Labrego de Agroecoloxía, a testemuña de como a Administración afoga as pequenas adegas nunha lameira burocrática de obrigas e papelame, unha ampla reportaxe na que damos voz a homes e mulleres de Touro que denuncian como impacta nas súas vidas a actividade mineira e industrial ou o resume das dúas últimas Xornadas de Granxas Abertas. Nos vindeiros días, iremos debullando contidos nas redes sociais. Se non queres agardar, daquela podes descargar o teu exemplar na icona que atoparás no remate desta páxina.