A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 8M: La Vía Campesina fai un chamamento a vacinarse con feminismo contra o virus do capitalismo e do patriarcado

8M: La Vía Campesina fai un chamamento a vacinarse con feminismo contra o virus do capitalismo e do patriarcado

3 de Marzo do 2021

8M2021 La Vía Campesina

De cara á celebración do 8 de marzo, La Vía Campesina está a facer un chamamento a nivel internacional baixo o título “Contra o virus do patriarcado e o capitalismo, a vacina do feminismo e da solidariedade!” De seguido, compartimos con vós o texto íntegro.

Este 8 de marzo de 2021, articuladas na nosa diversidade e nunha soa voz, afirmamos “Contra o virus do patriarcado e o capitalismo, a vacina do feminismo e a solidariedade!”, ao tempo que subliñamos o rol fundamental das mulleres no campo, e do campesiñado no seu conxunto como primeira liña na produción de alimentos agroecolóxicos e saudables que sustentan a vida, representando entre o 60 e o 70% da produción mundial.
    Ao cumprise 25 anos da construción colectiva da Soberanía Alimetaria, esta é a nosa vía concreta e sostible fronte ás distintas crises que hoxe vivimos. Precisamos rematar coa violencia sistémica do capitalismo e do patriarcado, que hoxe vulnera os dereitos das mulleres, das persoas diversas, da infancia e da clase traballadora, excluíndo mesmo do acceso público e gratuíto a unha vacina que debería ser considerada como a alimentación: un dereito humano. Tal e como defendemos no noso chamamento internacional: Polo dereito á saúde pública e gratuíta para todos os pobos!
    No mundo, o rol político, social e económico das mulleres é vital, máis aínda en medio desta pandemia. Porén, seguimos recibindo salarios máis baixos, estamos na informalidade, precarizadas, explotadas, so- mos emigrantes, nais solteiras, traballadoras agrícolas, pescadoras, pastoras, temos me-nor acceso á terra, á tecnoloxía e a políticas públicas de saúde, protección contra a violencia, educación e cultura. O maior atranco ao que nos enfrontamos no campo é a falta de acceso a medios de produción como a terra. No mercado, as mulleres apenas po-suímos o 1% das terras e, aínda así, temos o reto de seguir garantindo a alimentación e o coidado das comunidades, das familias e do mundo en condicións de desigualdade política, económica e social.
    Neste senso, nesta xornada tamén esiximos aos estados implementar a Declaración da ONU sobre os Dereitos Labregos, onde se recoñece ás mulleres e ao campesiñado como suxeitos de dereito. Esta declaración das Nacións Unidas é un instrumento estratéxico para fortalecer as loitas e propostas dos movementos rurais. Ademais, senta unha xurisprudencia e unha perspectiva xurídica internacional para orientar a lexislación e as políticas públicas en todos os niveis institucionais ne beneficio de quen alimentan o mundo.
    O modelo do agronegocio imperante está estandarizado polo poder económico da agroindustria. Son as grandes corporacións multinacionais as que controlan que se va a producir, que comemos, canto comemos e o prezo do que comemos. Fan lobbies con gobernos e mesmo con organismos multilaterais -tal e como vimos denunciando co Cumio da Alimentación organizado pola FAO para este ano- e teñen como obxectivo seguir acaparando aínda máis o mercado da alimentación. Esta dinámica xera altas ganancias para as corporacións e custes gravísimos para a saúde das sociedades e do planeta.
    Ao longo da historia, as mulleres loitamos por ser suxeitas de transformacións, de mobilización e concienciación. Como La Vía Campesina, saudamos todas as loitas e compañeiras que resisten na India, Colombia, Chile, Venezuela, Cuba, Kurdistán, Palestina, as zapatistas, as mulleres diversas organizadas na Marcha Mundial das Mulleres e outras redes amigas que están participando activamente nos cambios que pre- cisan as nosas sociedades, por xustiza e dignidade para a maioría.

MOBILÍZATE!

    Este 8 de marzo, como cada Día das Mulleres, facemos un chamamento ás nosas organizacións membros, aliadas e amigas, a conspirar dende todos os espazos onde esteamos, nas nosas comunidades, prazas, rúas, mercados, escolas, postos de traballo, coidando da vida, a seguir denunciando e mobilizando conciencias, facendo presión para que os estados se comprometan coas loitas históricas das mulleres no campo e nas cidades”.

8M2021 La Vía Campesina