A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. A Terra Chá érguese contra unha nova ameaza eólica: Parque Eólico Mistral

A Terra Chá érguese contra unha nova ameaza eólica: Parque Eólico Mistral

25 de Outubro do 2021

Mistral Non

Solicitamos oficialmente que sexa posto a disposición da cidadanía nas oficinal municipais información do proxecto eólico Mistral que ameaza aos concellos de Xermade e Guitiriz na Terra Chá.

Na actualidade está en exposición pública e prazo de alegacións ata o 22 de novembro o Estudo de Impacto Ambiental e a solicitude de Autorización Administrativa Previa do Parque Eólico Mistral de 100,8 MW e a súa infraestrutura de evacuación na provincia de Lugo. BOP LUGO número 161, 7 DE OUTUBRO DE 2021. Código do proxecto: PEol-334 AC, proxecto que afecta os concellos da Terra Cha Xermade e Guitiriz.

Dada a importante afectación que este proxecto implica para a veciñanza de ámbolos dous concellos por parte do Sindicato Labrego Galego, vimos de presentar solicitudes nos dous concellos pedindo que o igual que fixeron no PE Santuario, poñan a disposición de quen o precise nas oficinal municipais información do proxecto e o mesmo tempo tamén como fixeron no anterior parque lle faciliten a veciñanza un modelo de alegacións e colaboren na súa elaboración e presentación.

O mesmo tempo queremos informar que por parte do Sindicato Labrego, imos iniciar unha campaña informativa para achegar as implicación que para a nosa comarca ten o PE Mistral e tamén facilitar a veciñanza a elaboración das alegacións.

 

INFORMACION PE: Parque eólico Mistral:

- Peticionario: GREENALIA WIND POWER MISTRAL S.L.U., con C.I.F. B70605365, y domicilio social en Plaza María Pita nº 10 1º, CP 15001 A Coruña.

- Denominación: Parque eólico Mistral de 100,8 MW y su infraestructura de evacuación.

- Código del proyecto: PEol-334 AC

- Descripción de las instalaciones proyectadas:
1. El parque eólico Mistral de 100,8 MW de potencia nominal, estará integrado por dieciocho (18) aerogeneradores tripala de velocidad variable y paso variable, con 150 m de rotor y potencia nominal unitaria de 5,6 MW 50/60H., con 105 m de altura de buje, ubicados en los términos municipales de Xermade, Guitiriz y Vilalba, en la provincia de Lugo.
2. Subestación elevadora SET PE MISTRAL 30/220 kV, para poder elevar la tensión generada y evacuarla a través de la LAT 220kV NORDÉS-ABEGONDO, ubicada en el Ayuntamiento de Xermade, provincia de Lugo.
3. Línea aérea de alta tensión en 220 KV desde la SET PE MISTRAL hasta el apoyo NOR-MIS 154 de la LAT 220kV Nordés-Abegondo, realizando desde este el tendido de un doble circuito para realizar la entrada y salida de la LAT 220kV Nordés – Abegondo y energizar la subestación del PE Mistral, y que discurre por el término municipal de Xermade.

- Municipios afectados: Xermade, Guitiriz y Vilalba, en la provincia de Lugo.