A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Atraso da Deputación de Ourense no pago das axudas para a pataca da Limia

Atraso da Deputación de Ourense no pago das axudas para a pataca da Limia

28 de Febreiro do 2006

Pataca de semente

O Sindicato Labrego criticou o atraso no pago das subvencións, por parte da Deputación de Ourense, aos produtores e produtoras de pataca na comarca da Limia. Estas axudas están destinadas á adquisición de maquinaria agrícola, instalacións de rega, reforma de almacéns e compra de pataca de semente certificada.

Logo de reservarse do INORDE unha partida orzamentaria de 180.000 euros, correspondentes ao exercicio 2006, de dar publicidade ás bases para a tramitación e concesión das devanditas axudas no Boletín Oficial da Provincia do 21 de xullo de 2006, e de asinar a aceptación da subvención por parte dos produtores no mes de novembro do ano 2006, aínda non se fixo ningún ingreso por parte da Deputación.

En opinión do Sindicato Labrego Galego, este atraso no pago das subvencións non obedece a razóns puramente técnicas; pola contra, o Sindicato Labrego cre que se trata dunha estratexia puramente electoral coa que a Deputación de Ourense adía o pago para que coincida coa precampaña das eleccións municipais de maio, tal e como xa ten feito xa noutras ocasións.