A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. As razóns polas que o Sindicato Labrego non asinou o contrato

As razóns polas que o Sindicato Labrego non asinou o contrato

4 de Xuño do 2008

Concentración de traballadores

O pasado 22 de maio, no seo da mesa do leite, asinouse o contrato homologado para o sector lácteo.

O Sindicato Labrego Galego non asinou dito contrato, xa que non incorporaba mecanismos de fixación de prezo mínimo, o que significa que se asina o contrato co prezo que “acorden” a industria e máis o productor ou productora ou, máis ben, co prezo que poña a industria.

Este sindicato leva reivindicando un contrato para o leite dende o ano 1978, polo que é unha reivindicación histórica.

Non obstante, o contrato tamén debe server para garnatir prezo ao productor/a e non soio para garantir subministro á industria a baixo prezo.

Aparte diso, as nosas razóns para non asinar son tamén outras:

  • Un contrato sen prezo mínimo obriga a “negociar” o prezo de xeito individual, polo que bota ao traste outra vella reivindicación do sector que é a negociación colectiva dos prezos.
  • A “negociación individual” non é real, xa que a industria ten capacidade coactiva para impoñer o seu prezo granxa a granxa: ameazas de non recollida, ameazas de prezos máis baixos para quen non asine..., etc. Co cal ao remate aparece un prezo totalmente imposto pola industria ás explotacións unha por unha.
  • Ademais, este contrato senta o precedente de homologar contratos sen prezo para outros sectores agrarios que sí teñen contratos con prezo, co cal pode ser un retroceso importante no proceso de elaboración dos prezos agrarios.
  • Aparte de todo isto, está a razón de que non resolve o principal problema do sector lácteo, que agora mesmo é o feito de ter un prezo moi baixo, despois de tres ou catro meses con prezos en abultado descenso, e cuns custos nos insumos altísimos e con tendencia a seguir subindo.

O SLG asinará este contrato no momento en que serva para garantir prezos que cubran custos de producción e traballo, fixando un prezo mínimo e traendo ao sector seguridade e transparencia no mercado.