A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Congreso Mundial das mulleres da VÍA CAMPESINA

Congreso Mundial das mulleres da VÍA CAMPESINA

1 de Novembro do 2006

Logo da Vía Campesina

A Vía Campesina elixiu Santiago de Compostela para celebrar un Congreso Mundial de Mulleres entre os días 18 e 21 de outubro, e tendo como organización anfitrioa ao Sindicato Labrego Galego e, en particular, á súa secretaría das mulleres. Xa confirmaron a asistencia a este evento labregas e representantes de organizacións agrarias de Corea, Filipinas, Vietnam, Yakarta, India, Alemaña, Portugal, Francia, Noruega, Suecia, Austria, Suíza, Holanda, República Dominicana, Ecuador, Nicaragua, Honduras, Bolivia, Brasil, Estados Unidos, Mali, Madagascar, Senegal, Sudáfrica, Mozambique; amais de xente procedente de diversos puntos do Estado español. Nos días que quedan de aquí ao Congreso incorporaranse máis países.

Primeira xornada

Segunda xornada

Terceira xornada

Conclusións

 

 

Este encontro internacional pretende analizar e debater o que significa a igualdade desde unha perspectiva feminista das mulleres de profesión labrega; e acordar unha demanda conxunta para loitar, a nivel mundial, para que esa igualdade sexa unha realidade.

 

Algúns datos pódennos axudar a comprender a necesidade deste debate: As labregas teñen un papel fundamental na produción de alimentos; segundo a Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO), son mulleres quen producen o 70% da alimentación familiar nos países en desenvolvemento, e o 50% a nivel planetario. A pesares disto, a pobreza, a fame e a falta de recoñecemento profesional, afectan dun xeito moi importante ás labregas de todo o mundo na consecución plena e real da igualdade de oportunidades.

 

Diante disto, os obxectivos específicos do congreso serán:

 

  1. Analizar a situación na que traballan e viven as mulleres no medio rural en xeral e, en particular, a das que exercen a actividade agraria no planeta, xa que a globalización vai agravar aínda máis as dificultades para conquistar a igualdade das mulleres no medio rural.
  2. Analizar a participación das mulleres nos lugares onde se toman decisións que lles afectan.
  3. Definir propostas.
  4. Afondar na cooperación entre as organizacións para avanzar na consecución dos obxectivos comúns das labregas.
    Coñecer o pensamento feminista e analizar a contribución do mesmo ao avance dos dereitos das mulleres.
  5. Durante os días 18 e 19, no Congreso abordarase dende unha perspectiva teórica a cuestión do feminismo. A isto dáselle moita importancia, pois en moitas das organizacións, a pesares de reivindicar as labregas os seus dereitos profesionais, hai un descoñecemento case total, senón total, do pensamento feminista e da súa contribución á loita das mulleres polos seus dereitos.

 

Os días 20 e 21 estarán dedicados a afondar no debate sobre a cooperación entre as mulleres dos distintos continentes para avanzar nos seus dereitos como labregas e como mulleres.

 

PROGRAMA

Congreso Mundial das mulleres da Vía Campesina

18 de outubro de 2006

10,00.- Chegada das participantes e entrega da documentación.
11,00.- Acto de apertura.

 

 

Fabiola Sotelo Sotelo, Directora Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.
Juana Ferrer, responsábel da Comisión Internacional de Mulleres da Vía Campesina
Lidia Senra Rodríguez, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, e responsábel da Comisión de Mulleres da Vía Campesina en Europa.

 

 

11,30.- Café.
12,00.- Conferencia inaugural: Retos para a igualdade. Relatora: Carmen Adán. Secretaria Xeral da Igualdade.
12,45.- Relatorio ¿Que é o feminismo?. Relatora: María Xosé Agra, Doutora en Filosofía, Profesora de filosofía política da USC.
13,30.- Comida.
15,30.- Debate en grupos, sobre o relatorio.
17,30.- Posta en común do debate en grupos e conclusións.
18,30.- Fin da xornada.
19,00.- Visita a Compostela.
21,00.- Cea.

 

19 de outubro de 2006

 

9,00.- Visita a unha explotación agraria dunha muller da comarca e debate da súa perspectiva como muller no tocante á igualdade.
11,00.- Relatorio. Principais liñas de pensamento feminista ao longo da súa historia. Sergia Galván. República Dominicana.
11,30.- O ecofeminismo. Judy Pasimino. Tailandia.
12,00.- O feminismo da igualdade e o feminismo da diferenza. Irene León. Ecuador
13,30.-Debate en grupos.
14,00.- Xantar.
15,30.- Continua o debate en grupos
16,30.- Posta en común do debate en grupos.
17,30.- Descanso e café.
18,00.- A Marcha Mundial das Mulleres. Míriam Nobre. MMM Internacional.
18,30.- Preguntas sobre a Marcha e o Debate.
19,00.- Debate en grupos : ¿Que nos aportaron estes dous días, e que expectativas abre en nós a formación que recibimos?. ¿Logo da aproximación que tivemos ao feminismo, varía moito a idea que temos de antes?. ¿É útil para nós o feminismo?
20,00.- Posta en común do debate en grupos.
20,30.- Fin da xornada.

 

20 de outubro de 2006

 

9,15.- Conferencia inaugural: A perspectiva de xénero na cooperación. Relatora: Fabiola Sotelo. Directora Xeral de Cooperación Exterior dá Xunta de Galicia.
10,00.- Café.
10,30.- Análise da violencia contra as mulleres nos diferentes países. Informes breves das representantes das rexións.
11,30.- Análise da campaña contra a violencia sobre as mulleres no mundo rural. Introdución das representantes de La Vía Campesina das distintas rexións.
13,00.- ¿Como continuar?
13,30.- Xantar.
15,30.- Análise da situación a nivel profesional nos distintos países. ¿Que avances en relación a esta situación? Breves informes das representantes das rexións.
17,30.- Descanso para café.
18,00.- Obxectivos e liñas de traballo para o próximo ano.
19,30.- Fin da xornada.

 

21 de outubro de2006

 

Toda a xornada de mañá, estará dedicada a avaliar o traballo e as actividades realizadas pola Comisión Internacional de Mulleres de La Vía Campesina desde Agosto de 2005, así como o nivel de execución nos diferentes países.
A xornada de tarde, dedicarase a programar o traballo e as liñas de actuación coordinadas no plano organizativo para o 2007 diante das distintas administracións a nivel local e mundial.