A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Traslado da acampada reivindicativa do sector leiteiro á praza do Toural en Santiago de Compostela

Traslado da acampada reivindicativa do sector leiteiro á praza do Toural en Santiago de Compostela

4 de Septembro do 2009

traslado ao Toural

Por razóns alleas á nosa vontade, as actividades programadas para o día de hoxe e pra mañá, sábado, enmarcadas na “Semana europea polo prezo do leite” que o SLG está a secundar na Galiza veñen de ser trasladadas á praza do Toural.

Tamén o subministro de leite para a caixa de resistenza, que no día de hoxe provén de explotacións de Muxía e A Estrada, está a ter lugar nesta mesma praza. No día de hoxe, ademais de continuarmos co reparto de información, terá lugar ás 20:30hrs. unha palestra na que Lídia Senra Rodríguez, Secretaria de Organización do SLG e Responsábel de Sectores Gandeiros na Coordenadora Europea Vía Campesina, exporá as consecuencias do modelo de produción industrial intensiva de leite ao que nos pretenden levar as actuais políticas leiteiras europeas. Pregamos desculpas á cidadanía e medios de comunicación pola demora no aviso desta modificación da ubicación do programa de accións reivindicativas.