A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Informe da evolución da folga do leite en Europa

Informe da evolución da folga do leite en Europa

18 de Septembro do 2009

gandeiros e gandeiras alemás en folga

A día de hoxe as produtoras e produtores manteñen a  folga en todos os países:  Alemania, Francia, Reino Unido, Holanda, Italia (os cinco primeiros produtores leiteiros europeos), Bélxica, Luxemburgo, Austria, Suiza e Dinamarca.

En primeiro termo, cómpre sinalar que  en Francia están no 50% de seguimento, habendo tamén zonas administrativamente ubicadas no Estado francés, como é o caso de Iparralde (País Vasco francés)  onde 3 de cada 4 están en folga , ou a Bretaña francesa, onde  tamén nos informan* de que o número de explotacións en folga está xa moi por enriba do 50%.

Nembergantes, existe tamén unha certa preocupación nas gandeiras e gandeiros galos por teren detectado unha entrada de leite importante no seu país, maior do que se move habitualmente, polo que apelan á colaboración de tódalas organización agrarias europeas.

Belxica a Wallonia segue en folga.  Esta semana levaron a cabo unha acción que  conseguíu poñer a folga do leite nos medios de comunicación en todos os países: foron derramados nun campo 3.000.000 litros de leite, o equivalente á recollida dun día na Wallonie.  Deste xeito, a dor que para as persoas produtoras de leite está a supor teren que tirar o leite día tras día, servíu polo menos para que esta histórica loita que está a levar adiante o sector produtor  fora achegado un pouco máis á cidadanía europea.

En Alemania, Austria, Suiza, Luxemburgo e Holanda a folga estase a acompañar ademais de múltiples accións reivindicativas como a venda directa de leite, manifestacións, concentracións  e tractoradas.

 

No que respeita á dinámica actual de adhesión, se ben cando a folga foi lanzada en  Francia tívose  conta de iniciala cunha elevada porcentaxe de seguimento (o 40%), nestes momentos as compañeiras e compañeiros da Coordenadora Europea Vía Campesina salientan que no resto dos países as produtoras e produtores comezan a lanzarse á folga independentemente do número que sexan, acadando ademais manter, á marxe do número de folguistas, moitísimas mobilizacións en todos os países en folga.

 

*Todos os datos foron proporcionados pola Coordenadora Europea Vía Campesina -na que se integra o SLG- e o EMB -European Milk Board, convocante da folga-.