A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. RISCOS E MEDIDAS PREVENTIVAS A TOMAR NO TRABALLO COA MOTOSERRA

RISCOS E MEDIDAS PREVENTIVAS A TOMAR NO TRABALLO COA MOTOSERRA

24 de Septembro do 2009

Riscos laborais no traballo coa motoserra

Máquina moi utilizada na actividade forestal, sector que se caracteriza pola súa dureza, dificultade e perigosidade intrínseca, así como polas características do medio onde se desenvolven.

Descrición:

Esta máquina substituíu ó tronzador nos labores de apeo e ó machado, na maioría dos traballos nos que se empregaba, pola súa maior comodidade e sobre todo pola súa superioridade en canto a capacidade de traballo respecto das ferramentas manuais sinaladas.

Permite facer moitos traballos relacionados co corte. Isto explica que se atope en case tódalas explotacións agrarias como ferramenta auxiliar, aínda que nacera como ferramenta forestal.

É unha máquina agresiva por deseño, mais no caso de erros ou despistes é perigosa ata o punto de acadar o maior número de accidentes ó ano no referido a máquinas (graves na súa maioría e, nalgúns casos mortais).

Por todo isto é preciso insistir dende un principio na necesidade de formación e experiencia no traballo con esta ferramenta, bases fundamentais nas que se asenta a seguridade da motoserra.

 

(*) ver manual no arquivo adxunto....

Ficheiro adxunto