A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Entrevista con Isaac Val Negrelos, produtor de leite e membro da Dirección Nacional do SLG

Entrevista con Isaac Val Negrelos, produtor de leite e membro da Dirección Nacional do SLG

20 de Febreiro do 2006

Isaac Val Negrelos

"O problema do prezo do leite é serio, pois cada vez rende menos o que producimos"

A relación entre Isaac Val Negrelos e o Sindicato Labrego vén de vello, daquela que a Galiza rural se erguera contra a inxustiza da cota empresarial, vai xa para trinta anos. Agora, compaxina o traballo nunha SAT en Prevesos (Castro de Rei) coas súas responsabilidades na Dirección Nacional do SLG. Con 170 reses e 777.000 quilos de cota, a explotación dá traballo a outros catro membros da familia, cinco postos de traballo que tremen diante da baixada de prezos anunciada pola industria, ou despois de que a última supertaxa lle levase por diante catro millóns de pesetas.

Ficheiro adxunto