A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Cómpre información, formación e estatísticas oficiais realistas para frearmos a sangría da siniestralidade laboral no agro galego

Cómpre información, formación e estatísticas oficiais realistas para frearmos a sangría da siniestralidade laboral no agro galego

28 de Outubro do 2009

Antonio Ferreiro e Mariano Pazos

O Sindicato Labrego Galego presentou hoxe un estudo que baixo o título “Estudo sobre a siniestralidade no uso da maquinaria agrícola” analiza a problemática da accidentalidade no sector agropecuario ao tempo que apunta unha serie de recomendacións para que o sector agropecurio abandone as elevadas taxas de siniestralidade que sufre na actualidade .

No marco da presentación , o Secretario de Formación e Servizos do Sindicato Labrego Galego, Mariano Pazos, apuntou a necesidade de facer un esforzo conxunto entre o sector e as Administracións públicas e comprometeu a disposición do SLG a facer un especial esforzo nese ámbito, especialmente no ámbito da formación e da información, ao tempo que salientou a necesidade de concienciar a opinión pública acerca da magnitude e da relevancia da problemática da accidentalidade no agro.

281009

Antonio Ferreiro -Coordenador de Formación no Sindicato Labrego Galego- e Mariano Pazos -Secretario de Formación e Servizos-, foron os encarregados de dar conta dos datos do estudo e presentar o manual de prevención de riscos laborais.

 

Nese sentido, o Coordinador de Formación do SLG, Antonio Ferreiro, destacou a necesidade da adopción de medidas para que a siniestralidade que oficialmente se computa a nivel estatístico se axuste a siniestralidade real no sector, aspecto co que se amosou especialmente crítico.

Ferreiro fixo fincapé nos 12 mortos (sen computar o morto que, lamentábelmente, tivo lugar na maña de hoxe na provincia de Lugo) que perderon até o mes de Outubro a vida no ámbito da actividade agraria e dos centos de feridos e feridas de consideración, lamentando que as estatísticas oficiais non reflictan máis alá de 2/3 mortos por ano e escasamente unha trintena de feridos graves. “Non pode ser que a accidentalidade real supere en mais do 90% a oficialmente rexistrada” , apuntou.

O Estudo fai fundamentalmente fincapé na adopción de medidas de formación, información e sensibilización, sendo ao xuízo do SLG, os mozos/as e moi especialmente os maiores de 60 anos os mais necesitados dunha atención formativa e informativa específica.

Así destacou a circunstancia que a inmensa maioría dos accidentados en tractores e motocultores son varóns de mais de 60 anos e a tipoloxía de accidente mais frecuente o envorco , ao tempo que avogou por acortar os períodos de revisións médicas e neste colectivo, máis alá da preceptiva derivada da posesión do Carnet de conducir.

Ferreiro destacou así mesmo que o estudo insta a unha intensificación das Inspeccións técnicas de vehículos agrícolas, aumentando a frecuencia dos mesmos e a cercanía aos lugares de actividade agraria, ámbito no que son necesarias importantes melloras.

Parque de maquinaria agrícola.

No tocante a situación do parque de maquinaria agrícola, o estudio avoga, en palabras de Antonio Ferreiro “mais que por unha renovación do Parque de maquinaria existente , que nestes momentos éespecialmente difícil tendo en conta situación extremadamente crítica que vive o Sector, por medidas de fomento de adaptación da maquinaría existente as actuais esixencias de seguridade.

Nese senso destacou que é inconcebíbel que a día de hoxe segan circulando polos camiños e as estradas máquinas que carecen dos elementos de seguridade mais elementais, poñendo como exemplo o “arco de seguridade” dos tractores,

Manual prácticas de seguridade vial.

En aras de elimiar as eivas en seguridade no agro detectadas por este estudo, o SLG presentou tamén na mañá de hoxe un manual de uso práctico titulado “Seguridade vial e prevención de Riscos específicos na maquinaria agrícola” que busca proporcionar aos traballadores/as do sector agropecuario, recomendacións preventivas básicas no uso da maquinaria agrícola.