A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Agricultura, medioambiente e mundo rural. Función medioambiental dos viñedos.

Agricultura, medioambiente e mundo rural. Función medioambiental dos viñedos.

5 de Novembro do 2009

XORNADAS FUNCIÓN MEDIOAMBIENTAL DOS VIÑEDOS

O vindeiro sábado 7 de novembro terá lugar en Verín a xornada nacional do sector vitivinícola do SLG.

cartaz viño

Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG, dará inicio a esta xornada encetada polo catedrático da Escola Politécnica Superior de Lugo Xoán Carlos Carreira Pérez*, coa exposición do relatorio Son menos eficaces as pequenas explotacións?”.

Posteriormente o Secretario Técnico da Unión de Agricultores y Ganaderos da Rioja, Ángel Palacios, abordará dende a perspectiva dos produtores e produtoras de viño a fórmula da “interprofesional”, modelo de negociación de prezos implantado nalgúns sectores agrícolas, e presente arestora nesta zona vitivinícola do Estado español mais non na Galiza.

Logo de xantar, Ana Mª Rodríguez Vzquez, Secretaria de Desenvolvemento Rural no SLG, debullará a actual situación dos viños de calidade na Galiza, tema que foi obxecto de interese no último número da publicación sindical do SLG Fouce*, ao ter sido recentemente abordado pola Dirección Nacional do Viño do SLG.

Manuel Docampo Paradelo, viticultor da zona de Valdeorras e Responsábel do Sector Vitivinícola no SLG, dará conta das conclusións desta xornada, que estará estruturada nun permanente ambiente de debate e posta en común, e enfocada dende a perspectiva da inherente interrelación entre a agricultura, o medioambiente e o mundo rural, ficando a función medioambiental dos viñedos como unha cuestión fundamental, transversal a tódolos aspectos da vitivinicultura tratados ao longo desta xeira de palestras.

 

 ___________

Como chegar ao Hotel Gallego, lugar de celebración da xornada:
Saída 160 da A-52 (Verín, Oímbra, Portugal), coller dirección a Verín. O primeiro semáforo á Esquerda. Estrada N-525 dirección Vigo. A catro kilómetros do cruce do semáforo encóntrase o Hotel Gallego.

 

PROGRAMA

10:00 hrs.: Recepción e entrega de documentación.

10'30 hrs.: Apertura: Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG.

11:00 hrs.: “Son menos eficaces as pequenas explotacións?”. Xoán Carlos Carreira Pérez, catedrático da Escola Politécnica Superior de Lugo.

12:00 hrs.: Debate.

12'30 hrs.: “As interprofesionais do viño”. Angel Palacios, Secretario Técnico, Unión de Agricultores y Ganaderos de la Rioja.

13'30 hrs.: Debate.

14:00 hrs.: Xantar.

16:00 hrs.: “Repaso da situación do sector de viños de calidade na Galiza”. Ana Mª Rodríguez Vazquez, Secretaria de Desenvolvemento Rural no SLG.

ás 17:00 hrs.: Debate.

ás 17'30 hrs.: Conclusións das xornadas. Manuel Docampo Paradelo, Responsable do Sector vitivinícola no SLG.