A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Taxa na Lonxa de Silleda, un novo golpe para as explotacións

Taxa na Lonxa de Silleda, un novo golpe para as explotacións

13 de Novembro do 2009

frisona

Dende a existencia da Lonxa Agropecuaria de Galicia, en Silleda, nunca antes se cobraran taxas pola asistencia do gando a dita feira.

Nestes momentos, en que todo o sector gandeiro está afundido, tanto económica como animicamente, pola adversidade dos últimos tempos, de suba constante dos custos de produción ao tempo que perden prezo; e custándolles como lles está custando reunir forzas para manter abertas as súas explotacións, á Lonxa non se lle ocorre mellor idea que empezar a aplicar unha taxa por asistencia, xusto neste momento.

 

Non podemos entender que é o que se pretende, pero dá a impresión de que o obxectivo é que a xente deixe de levar os xatos a Silleda. Ademais, tendo en conta que o 80 % dos que van son frisóns, que logo case hai que rogar para que chos leven, o único que falta xa é poñerlles unha taxa.

 

Xa sabemos que a taxa non é importante en termos de diñeiro, pero é un custo máis que vai directamente á conta de perdas das explotacións, senta o precedente da existencia da taxa e ademais cun impacto psicolóxico de incrementar a sensación de perda e o desánimo.

 

Demandamos dende o SLG que se replantexen seriamente o de empezar a cobrar a taxa, xa que pensamos que vai ser unha decisión moi mal aceptada polo sector gandeiro nestes momentos.