A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. A plataforma ZEPA NON reunirase mañá con representantes dos tres grupos parlamentares galegos

A plataforma ZEPA NON reunirase mañá con representantes dos tres grupos parlamentares galegos

9 de Decembro do 2009

mobilizacións 2007-R. Escudero

 Na tarde de mañá, xoves 10 de decembro, representantes da plataforma ZEPA NON reuniranse con voceir@s dos tres grupos parlamentares galegos nun encontro que terá lugar no Parlamento de Galiza (Santiago de Compostela). O obxectivo do mesmo será coñecer o posicionamento dos tres grupos ao respeito da recente aprobación da Declaración de Zona ZEPA para A Limia (12/11/09).

Ao tempo, por parte da plataforma ZEPA NON solicitaranse nestas xuntanzas explicacións en relación ao incumprimento da iniciativa presentada polo BNG o pasado 23 de outubro, aprobada por unanimidade no Parlamento de Galiza, na que se instaba á Xunta de Galiza a iniciar, con carácter previo a calquera decisión ao respeito da declaración de Zona ZEPA n´A Limia, un proceso de diálogo e negociación con tódalas partes coa finalidade de acadar unha solución de consenso.

Asemade, alén das explicacións sobor do non acatamento deste acordo parlamentar unánime, a plataforma ZEPA NON instará aos/ás representantes dos grupos a esixir o inmediato cumprimento do mesmo por parte da Xunta de Galiza.

 

As xuntanzas cos grupos parlamentares levaranse a cabo na orde seguinte:

 

16:00hrs. Partido Socialista de Galicia (PSdG-PSOE)

17:00hrs. Bloque Nacionalista Galego (BNG)

18:30hrs. Partido Popular de Galicia (PPdG-PP)

 

 

Notas de Prensa relacionadas:

 

A Plataforma ZEPA NON solicita entrevista cos grupos parlamentares e demanda información á CMR. 18 de novembro do 2009. http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=26&i=415

 

Falla de información e transparencia na declaración de Zona ZEPA para A Limia que a CMR quere aprobar mañá. 11 de novembro do 2009. http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=26&i=407

 

Falla de información e transparencia por parte de Medio Ambiente en relacion á declaración de zona Z.E.P.A. na comarca d´A Limia. 11 de Septembro do 2009. http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=24&i=347