A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. As fortes chuvias destrúen cultivos e poñen en perigo instalacións gandeiras na Mariña.

As fortes chuvias destrúen cultivos e poñen en perigo instalacións gandeiras na Mariña.

10 de Xuño do 2010

a mariña occidental

Canda os problemas persoais e en vivendas, as chuvias que caen nestes días na Mariña de Lugo están a producir graves danos nos cultivos.

Concretamente nas terras sementadas con millo e con fabas, por mor das datas nas que os atopamos, e coas sementeiras realizadas hai poucos días, a terra atópase mui branda e enchoupase con muita facilidade, producíndose escorrentías que arrastan as prantas novas.
Nas beiras dos ríos e dos regatos e en zonas chas, os cultivos permanecen asolagados, o que vai facer mui problemática a súa recuperación. Igualmente, a auga está entrando en establos e outras instalacións gandeiras, poñendo en perigo mesmo aos animais.
Desde o SLG solicitamos que se proceda do xeito máis urxente posíbel á valoración dos danos, e se solicite, no seu caso, a declaración de zona catastrófica. En todo caso, compre establecer mecanismos de compensación das perdas, tal como se ten feito noutras ocasións de fenómenos metereolóxicos adversos.

occcentor