A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Na Galiza e en Bruxelas o sector produtor rexeita as medidas propostas polo Grupo de Alto Nivel da UE para a crise do sector leiteiro

Na Galiza e en Bruxelas o sector produtor rexeita as medidas propostas polo Grupo de Alto Nivel da UE para a crise do sector leiteiro

8 de Xullo do 2010

Senra e Freire na rolda de presentación das accións de rexeitamento informe GAN

Na mañá de hoxe, a Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), Carme Freire Cruces, e a Secretaria de Organización e Responsábel do Grupo de Traballo de Producións Animais na Coordenadora Europea Vía Campesina (CEVC), Lídia Senra Rodríguez, deron conta en rolda de prensa das accións simultáneas que terán lugar o vindeiro luns 12 nas cidades d´A Coruña e Bruxelas, con motivo do debate por parte do Consello Agrícola da UE das conclusións extraidas polo Grupo de Alto Nivel (GAN) para a crise do sector leiteiro.

senra e freire 080710

Esq.a Der,: Lídia Senra e Carme Freire na rolda de prensa desta mañá na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela.

 

A primeira hora da mañá do luns, no marco dunha entrevista que manteremos co Delegado do Goberno, Antón Louro, trasladarémoslle as preocupacións e medidas propostas polo SLG, coincidentes co documento elaborado polas organizacións integradas na CEVC, para rematar coa crise do sector leiteiro que está a afectar a todo o territorio comunitario.

 

Logo desta xuntanza, terá lugar unha xornada de formación, reflexión e debate dos gandeiros e gandeiras do SLG co obxectivo de dar a coñecer as propostas do GAN, analizalas e afondar nas solucións que queremos aportar dende o Sindicato.

 

Na Galiza e en Bruxelas

Ao tempo que na Galiza debatemos e buscamos alternativas dende o sector produtor, Lídia Senra, nunha delegación da CEVC coma responsábel do Grupo de Traballo de Producións Animais da CEVC, trasladarase a Bruxelas , onde a CEVC participará nunha concentración reivindicativa diante do Consello Agrícola que vai ter lugar o luns.

 

Con esta acción reivindicativa rexeitamos as medidas propostas polo GAN, ao tempo que chamamos a atención do Consello Agrícola para que tome outro camiño, que signifique adoptar medidas de resolución definitiva do problema, rematando cos sobresaltos e crises, cada vez máis profundas, ás que se ven sometidos/as cada pouco tempo os produtores e produtoras de leite europeas”.

 

En representación das organizacións da CEVC, tamén o luns, pero antes do Consello, Senra entrevistarase coa ministra de agricultura de Bélxica, arestora Presidenta do mesmo, achegándolle unha vez máis as propostas do sector produtor.

 

Ao día seguinte, martes 13, Senra intervirá diante da Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo para expoñer tamén neste organismo as valoracións da Coordenadora Europea Vía Campesina ao respeito das conclusións do GAN.

 

Información relacionada:

Como consecuencia das mobilizacións que o sector leiteiro europeo iniciou no pasado ano 2008, a finais do 2009 a UE decidíu que un Grupo de Alto Nivel (GAN) examinara a crise do leite. As conclusións deste comité fixéronse públicas o pasado 15 de xuño:

http://europa.eu/rapid/pressReleasesAction.do?reference=IP/10/742&format=HTML&aged=0&language=PT&guiLanguage=en

[12 de Novembro do 2009] Propostas da ECVC e valoración da reunión mantida co Grupo de Alto Nivel da UE en materia de sector leiteiro. http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=27&i=409

[26 de marzo do 2010] A Coordenadora Europea presenta as súas propostas de futuro para o sector leiteiro. http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=27&i=499